PREVIA. FIN DE SEMANA DO 24 AO 26 DE OUTUBRO DE 2014

DESPEDIMOS OUTUBRO; CAMBIADE Á HORA


Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Agardamos despedir o mes de outubro con ledicia e bos resultados nos partidos desta fin de semana, que son os seguintes:


MODESTOS: Para resarcirse da derrota da semana pasada toca unha das viaxes mais longas da temporada. O primeiro equipo numantino xoga ante o CD Cariño un equipo con potencial pero que está situado na zona baixa da clasificación, o que o fai mais perigoso. O partido será o domingo as 16:30 (lembrade atrasar os reloxos de madrugada) no Municipal de Cariño.Numancia de Ares. Equipo xuvenil temporada 2014-2015.


XUVENÍS: Visitan ao Rápido de Neda que está situado na zona baixa da clasificación. Partido trampa para os numantinos ante un equipo que nos coñece moi ben. Terán que estar concentrados e moi intensos os rapaces do xuvenil para conseguir unha vitoria importante de cara as aspiracións da temporada. Será o sábado as 16:00 no Municipal Juanito González de Neda.


CADETES: Despois do gran esforzo da semana pasada gozarán dunha merecida e oportuna semana de descanso na competición de Copa.


INFANTÍS: Rematán a fase de grupos da competición de Copa recibindo ao 4º clasificado, o SDR Ánimas de Ferrol. Estará en xogo como mínimo a terceira praza da clasificación. Será o sábado como previa do Madrid - Barsa as 16:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡


FÚTBOL- 8 e BIBERÓNS: Os benxamíns visitan A Piscina para xogar fronte ó San Sadurniño o venres 24 ás 19:15. Tamén viaxan os prebenxamíns "B", o sábado 25 ás 10:00 da mañá xogarán no Sinde fronte O Val. Xa na casa temos festa do fútbol - 8 este venres en Prados Vellos. As 17:45 o prebenxamíns "A" recibe ao Racing de Ferrol "D". Polo mesmo prezo as 18:00 no campo do lado xogan os biberóns ante o Miño. As 19:00 o equipo alevín recibe tamén ao Racing de Ferrol "D" para pechar esta boa tarde de fútbol - 8 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


En resumo, fin de semana onde as categorías mais baixas do Numancia toman Prados Vellos. Xuvenís e modestos teñen partidos a domicilio que sempre son compricados. Agardemos que este último fin de semana sexa bo para os nosos equipos e así tomemos mais adiante as castañas tranquilos e contentos.


¡¡¡Vémonos este fin de semana en Cariño, Neda, San Sadurniño, Val  e ¡¡¡como non¡¡¡ en Prados Vellos.


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.