PREVIA: FIN DE SEMANA DO 17 AO 19 DE OUTUBRO DE 2014.

"NON HAI DÚAS SEN TRES"


Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Bonitos partidos en Prados Vellos e un sábado moi futboleiro para esta fin de semana que analizamos a continuación:


MODESTOS: Dous equipos situados na zona media da clasificación xogan este domingo en Prados Vellos. Numancia e San Mateo buscarán a vitoria para achegarse á cabeza da Segunda Autonómica. Os numantinos intentarán buscar a terceira vitoria consecutiva. "Non hai dúas sen tres". Marea Vermella, Arruxo Boys e aficionados numantinos e aresáns en xeral quedades todos convocados para este domingo ás 17:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Non se pode faltar¡¡¡Equipo Benxamín do Numancia de Ares.


XUVENÍS: Partido importante e compricado para os rapaces do equipo xuvenil. Visita Prados Vellos o segundo clasificado, o Eume Deportivo. Os nosos xogadores buscarán a vitoria para dar un paso de xigante de cara a unha boa clasificación na Copa. Toca acudir a Prados Vellos o sábado as 17:00 para animalos. ¡¡¡¡Pasamos lista¡¡


CADETES: Visitan ao segundo clasificado, o Galicia de Caranza "B". Partido compricado para os cadetes que buscarán sacar algo positivo en terras ferrolanas. Será o sábado as 12:00 no Municipal de Caranza.


INFANTÍS: Partido importante, esixente pero sobretodo moi bonito para os infantís. Os dous primeiros clasificados do grupo A de Copa, G. Caranza "B" e Numancia mídense este sábado buscando o liderato e tamén dar un paso de xigante hacia as semifinales de Copa. Deberán madrugar para xogar este interesante partido o sábado as 10:00 no Municipal de Caranza. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡


FÚTBOL- 8: Os alevíns viaxan ata A Barqueira en Cerdido para xogar o sábado as 11:45 ante a UD Cebarca. Os benxamíns reciben o sábado as 10:30 ao X. Cabañas. O prebenxamíns xogan a continuación tamén en Prados Vellos as 11:30 ante o CCRD Perlío. O prebenxamín "A" descansa nesta xornada.


BIBERÓNS: Xogan o venres as 17:00 en Pontedeume ante o Eume Deportivo na segunda xornada do Torneo AFACO. Agardemos que a climatoloxía acompañe e os únicos ciclóns sexan os pequenos xogadores biberóns do Eume e do Numancia.


En resumo, fin de semana con partidos bonitos e importantes en Prados Vellos para modestos e xuvenís. Tamén fin de semana ilusionante para o equipo de infantís. ¡¡¡A desfrutar todos¡¡¡


¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Caranza, A Barqueira ou en Pontedeume.


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.