ITV: FIN DE SEMANA DO 3 AO 5 DE OUTUBRO DE 2014

CUESTIÓN DE PACIENCIA


Voltamos por segunda temporada consecutiva co resumo dos partidos disputados polos distintos equipos do Numancia cada fin de semana. Retomamos a nosa ITV particular coincidindo coa primeira vitoria do primeiro equipo. ¿Sería casualidade? Analizamos como foi a xornada para os nosos equipos.


MODESTOS: Despois dun empate e duas derrotas chegaba o primeiro triunfo na Liga ante o ADC Capela en Prados Vellos. Vitoria balsámica para respirar moito mais tranquilos e dar moral e confianza ao noso xoven equipo de aficionados.Os modestos celebrado o gol ante A Capela (05/10/2014) Numancia de Ares.


FUTBOL BASE: Derrota dos xuvenís en Prados Vellos ante o Meirás. O bo grupo de rapaces que conforman o equipo xuvenil comprícase un pouco a vida no obxetivo de meterse entre os seis primeiros clasificados. Pero estamos seguros de que nas xornadas que restan apretarán os dentes e poderemos velos dentro de un meses xogando na Liga dos mellores equipos da comarca. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡


O equipo cadete caeu derrotado en Maniños nun partido bastante frouxo. Bo rapaces dun grupo escaso de cadetes axudado cada fin de semana por xogadores infantís. De momento están situados na zona media da clasificación facendo un bo traballo semana a semana.


Os infantís descansaron na pasada xornada. Nas tres xornadas que restan loitarán por asegurarse o pase a liga dos mellores equipos da comarca e soñaran con colarse nas semifinais de Copa.


FÚTBOL - 8: Os alevíns gozaron da xornada de descanso. Os benxamíns derrotaron con contundencia ao Racing San Pedro en Ares. O prebenxamín "A" venceu tamén de forma contundente a SD Barallobre en Prados Vellos. O prebenxamín "B" venceu en Pontedeume ao conxunto local. Os biberóns tiveron a primeira semana de "traballo" en Prados Vellos e pronto darán que falar con motivo do inicio do Torneo AFACO.


En resumo, foi unha boa xornada en fútbol - 8, negativa en fútbol base e inmellorable en canto aos modestos. E cuestión de ter paciencia, seguir traballando e mellorando porque a temporada aínda está empezando. Con ilusión e unión estamos seguros de que chegarán moitas ledicias ao longo da temporada. ¡¡¡Nunca deixes de animar¡¡¡


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.