PREVIA: FIN DE SEMANA DO 3 AO 5 DE OUTUBRO DE 2014.

PRADOS VELLOS TEN QUE SER INEXPUGNABLE

Primeira xornada de competición do mes de outubro para as distintas categorías do Numancia. Esta fin de semana temos moitos partidos en Prados Vellos. O noso campo debe de ser un fortín do que non se poden escapar puntos e así os nosos equipos poder cumprir os seus obxetivos. Analizamos o que nos agardan:


MODESTOS: Despois dun discreto comezo de Liga ten que chegar esa primeira vitoria que de confianza e tranquilidade ao noso equipo. Este domingo as 17:00 en Prados Vellos TOD@S temos unha cita co primeiro equipo numantino para axudarlles a vencer ao sempre compricado ADC A Capela. Ningún bo numantino debe faltar para arroupar aos nosos xóvenes xogadores neste compricado inicio de curso. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡. Vémonos o domingo as 17:00 en Prados Vellos.Cadetes, campións de II Trofeo Vila de Ares. Numancia de Ares 01/10/2014

XUVENÍS: Recortante e importante a vitoria no derbi de A Pedreira o pasado sábado. Nesta carreira de fondo que é a competicion xuvenil os nosos rapaces deben asegurar primeiro a sua presencia no grupo I da Liga e logo soñar con meterse entre os dous primeiros para xogar as semifinais de Copa. Este sábado as 17:00 pode ser unha boa ocasión para comezar a abrir brecha. Para iso deberán vencer ao Meirás CF, outro dos equipos que aspira a todo nesta temporada. Para iso necesitan a nosa axuda. O sábado as 17:00 en Prados Vellos temos todos unha cita obrigada cos xuvenís numantinos.

CADETES: Visitan ao Cultural Maniños coa intención de seguir coa boa imaxe das últimas semanas. Será o sábado as 11:30 no campo de O Pote de Maniños.

INFANTÍS: Disfrutarán dunha merecida xornada de descanso na Competición de Copa.

FÚTBOL- 8: Os alevíns descansan. O prebenxamín "B" xoga ante o Eume Deportivo na vila eumesa o venres as 19:15. Para o sábado temos unha mañá de fútbol - 8 en Prados Vellos. As 10:30 os benxamíns reciben ao Racing San Pedro "B". As 11:30 será o turno do prebenxamín "A" que recibe a visita da SD Barallobre. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

En resumo, fin de semana con moito fútbol en Prados Vellos. Importantes os partidos de modestos e xuvenís, as duas categorías de maior idade do Numancia. Ambos xogan en Prados Vellos e a Marea Vermella ten que facerse forte este ano en Ares para axudar a todos os equipos a "amarrar" os puntos da casa. ¡¡¡Pasamos lista semana a semana¡¡¡

Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Maniños ou en Pontedeume.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.