PREVIA: FIN DE SEMANA DO 26 AO 28 DE SETEMBRO DE 2014.

PRIMERO DERBI DA TEMPORADA

Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Algúns dos nosos equipos Terán viaxes a campos compricados, destacando o derbi en xuvenís. Analizamos a xornada:

 


MODESTOS: Despois da derrota ante o AD Miño en Prados Vellos, o primeiro equipo numantino visitará ao CD San Sadurniño un rival que ao igual que os numantinos está situado polo momento na zona media - baixa da clasificación. Polo tanto partido importante para os dous equipos de cara a escalar postos e coller confianza para próximos compromisos. Un encontro no que o noso Numancia ten que comezar a florecer, un partido no que TÍ non podes faltar. Marea Vermella o domingo as 18:00 no acolledor campo de A Piscina de San Sadurniño. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡Equipo Infantil do Numancia de Ares - Temporada 2014-2015.

XUVENÍS: Chega un dos partidos mais bonitos e agardados polos nosos rapaces. Despois da derrota ante o CD As Pontes chega o derbi ante o Galicia de Mugardos. Para mais motivación, os verdes lideran a día de hoxe o grupo 1 da Copa. Os numantinos intentarán asaltar A Pedreira para situarse tamén nos primeiros postos da clasificación. Para iso, necesitan toda a vosa axuda. Será o sábado as 16:30 no campo de A Pedreira. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

CADETES: Xogan o sábado as 17:00 en Prados Vellos ante o Meirás CF. Os cadetes intentarán repetir a boa imaxe amosada en Ortigueira a pasada semana.

INFANTÍS: Senmoito tempo para descansar buscarán seguir invictos na Copa no campo Municipal de Gallamonde ante o AD Miño o venres a partir das 17:15.

FÚTBOL - 8: Os alevíns buscarán seguir na boa línea na sua visita a Barallobre o venres as 18:00. Os prebenxamíns “A” defenden o liderato do grupo o venres as 19:00 en Caranza ante o todopoderoso Galicia de Caranza. A mesma hora e tamén en Caranza xogan os benxamíns a segunda xornada de Liga ante o G. Caranza "D".

Para o sábado quedan os nenos do Prebenxamíns "B" que reciben en Prados Vellos ao AD Miño a partir das 11:30 nun partido onde todos debemos subir a animalos.

Últimos partidos do mes de setembro para os nosos equipos nunha competición que colle forma co paso das semanas.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en San Sadurniño, Mugardos, Prados Vellos, Miño ou en Caranza¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.