VI MEMORIAL PEDRO GARCIA VILAR (3ª XORNADA).

A FORZA DOS NENOS PODE CON TODO

O domingo 7 de setembro Prados Vellos abría as suas portas as 9:30. Todo preparado para afrontar unha maratoniana última xornada do VI Memorial Pedro García Vilar na que o protagonismo sería nesta ocasión para 9 equipos da categoría alevín.

 

A choiva foi constante e moi intensa durante a xornada da mañá. O esforzo, colaboración e sacrificio de todos os xogadores e adestradores que disputaron partidos durante toda a mañá foi simplemente excelente. Non todos poideron ter como premio a ese gran esforzo a clasificación para as semifinais da tarde; xa que nisto do fútbol uns gañan e outros perden. No grupo A composto por 5 equipos dominio do Perlío e da SD O Val "C" que eliminaban a Galicia de Mugardos, Rápido de Neda e Ánimas. No grupo B composto por 4 equipos domininio da SD Val "B" e Numancia que deixaban fora do Torneo a Cultural Maniños e CD As Pontes. En calquera caso, felicitar a todos os equipos da categoría alevín e aos seus acompañantes polo seu esforzo encomiable a pesar da climatoloxía adversa durante a mañá.

Na tarde a choiva calmaba un pouco e respetaba a fase final do Torneo. Tivemos unhas semifinais moi igualadas. No campo 1 o Numancia vencía por 1 - 0 ante o Perlío nun partido que poido decantarse para calquera dos dous. No campo 2 o duelo valexo entre Val "B" e Val "C" decidíase na quenda dos penaltis a favor destos últimos.

No terceiro e cuarto posto vitoria por 2 - 1 da SD Val "B" ante o Perlío. Na gran final que foi moi igualada a SD Val "C" terminaba levándose o Torneo nos últimos instantes vencendo aos anfitrións do Numancia por 3 - 1; proclamándose así campión do VI Memorial Pedro Garcia Vilar en categoría alevín.

Unha vez finalizados os partidos procecíase a entrega de medallas e trofeos por parte das autoridades presentes en Prados Vellos. O trofeo de terceiro clasificado era entregado por D. Juan Sixto, Concelleiro do Concello de Ares ao SD Val "B". O trofeo de subcampión era para o Numancia e foi entregado polas azafatas do Torneo alevín Yaiza e Paula coas suas camisetas de “Eu son Numan - Pasión Vermella”. Por último recibía o trofeo de campión do Torneo a SD Val "C" en mans do Concelleiro de Deportes do Concello de Ares, D. Jose Juan Vilar.

No aspecto social do Torneo, nova xornada de convivencia a pesar da climatoloxía adversa na hora do xantar por parte dos compoñentes dalgúns dos equipos. Mención especial para esas persoas voluntarias que durante as xornada de sábado e domingo prepararon e serviron churrasco e bocatas. Os Masterchef da cantina do Numancia. Sen dúbida un luxo, un activo moi importante do noso club dos que debemos de estar moi orgullosos e agradecidos. A media tarde sorteábanse as camisetas do Pontevedra e do RC Deportivo de A Coruña. O capitán do Numancia de aficionados, "Teti" entregaba a camiseta do Pontevedra o afortunado "Rayito". A camiseta do RC Deportivo de Juan Domínguez cedida pola Peña Deportivista Aresana era para a azafata do Numancia "Paula" sendo entregada polo directivo do Numancia e socio dende hai moitos anos do RC Deportivo de A Coruña; Xoan Vázquez.

Chegaba o final dun Torneo que non sería posible sen os seguintes protagonistas, empezando principalmente polos nenos e colaboradores dos equipos; estos foron os que participaron por parte do Numancia:

Prebenxamíns "A": Marcos, Dani, David, Lucas, Iker, Aketx, Ángel, Isma, Xerar e Hugo.

Adestrador: Jorge - Delegado: Jose Ramón.

Prebenxamíns "B": Óscar, Leo, Sergio, Luís, Raúl, Roi, Alejandro, Papa Omar, Brais, Mateo Martínez, Cristian e Mario.

Adestrador: Borja - Delegado : Ángel.

Benxamíns: Miguel Iglesias, Brais, Marcos Rey, Carlos, David Vilasánchez, Marcos Margharetto, Hugo, Axel, Iván e David López.

Adestrador: Genete - Delegados: Antonio e Javi.

Alevíns: Nacho, Martina, Migui, Pablo, Martín, David, Lucas, Óscar, Jaime, Martín Miguel, Raúl, Telmo, Chechu e Manu.

Adestrador: Alberto - Delegado: Kiko.

Todos eles foron os grandes protagonistas. Pero para que os nenos disfrutarán houbo un grupo de persoal do Numancia que traballou antes, durante e despois do Torneo para que todo funcionara correctamente. Desde o persoal directivo, adestradores e xogadores de todas as categorías do club que botaron unha man durante os tres días. Voluntarios para a cociña, limpeza e mantemento das instalacións. A todos, ¡¡¡moitas grazas¡¡¡

E como non, agradecer aos patrocinadores deste VI Memorial Pedro García Vilar, o Concello de Ares co seu apoio inestimable en moitos detalles deste novo Torneo. Tamén a Supermercados Día por ceder froita e zumes para que aos nenos non lles faltada de nada durante este bonito e intenso fin de semana de fútbol e convivencia. Tamén agradecer a Foto - Video Vilalonga por volver a confiar no noso Torneo para realizar o seu magnífico traballo e por cedernos fotografías dos equipos parcicipantes no mesmo. Grazas tamén a Galicia de Mugardos, Rápido de Neda, Cultural Maniños, CCRD Perlío, SDR Ánimas, SDR Portuarios, SD O Val, CD As Pontes e San Cibrao CF por acompañarnos neste novo Torneo de Fútbol - 8.

Remata por este ano o VI MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR. Co cansancio propio do traballo destos días pero coa certeza de ter traballado para que todo saíse como o noso querido ex - directivo homenaxeado desexaba e merecía poñemos o punto final a este extenso resume que será adornado polas magníficas fotos da incombustible cámara de fotos do Numancia.

¡¡¡¡Moitas gracias a tod@s de corazón¡¡¡

O NUMANCIA SOMOS TOD@S

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.