VI MEMORIAL PEDRO GARCIA VILAR (2ª XORNADA).

NUMANCIA E PERLÍO, PRIMEIROS CAMPIÓNS

As 9:00 do sábado 6 de setembro Prados Vellos abría as suas portas para a posta a punto da segunda xornada do VI Memorial Pedro García. Unha boa cantidade de auga caeu antes do inicio dos partidos, pero unha vez que foi rodando o balón as nubes desapareceron dando paso a un magnífico dia de sol.

 

No aspecto deportivo desta segunda xornada, destacou a categoría benxamín que era a protagonista deste día. No grupo A composto por 5 equipos o dominio correspondeu ao Galicia de Mugardos e ao Perlío, que deixaron eliminados ó Ánimas, Rápido de Neda e o San Cibrao de Lugo. No grupo B dominio de Numancia de Ares e SD O Val que quedaban por diante dos equipos do Portuarios e do CD As Pontes.

Mediada a tarde entraban en escea de novo os prebenxamíns. Logo de xogar a fase de grupos era o turno das semifinales. Numancia "A e Galicia de Mugardos vencían claramente ante Numancia "B" e CD As Pontes clasificándose ambos para a gran final.

Nas semifinales de benxamíns o Perlío vencía con solvencia ao Numancia, namentras que o Perlío desfacíase da SD O Val.

Chegaba o turno para as finais prebenxamíns, unha categoría onde reinaron os equipos de Ares. Na final de consolación o recién creado Numancia "B" vencía con claridade ao CD As Pontes confirmandose como a sensación do Torneo e obtendo un mais que merecido 3º posto. Na gran final o Numancia "A" facía valer a sua superioridade física para desfacerse do Galicia de Mugardos nun derbi bonito e moi disputado onde o equipo aresán proclamábase campión deste VI Memorial Pedro García Vilar na categoría de prebenxamíns.

Para pechar esta segunda xornada no aspecto deportivo tivemos as finais de benxamíns. Na final de consolación o Numancia derrotaba a SD O Val obtendo o 3º posto. Na gran final o Perlío vencía ao Galicia de Mugardos nun partido moi emocionante e vibrante; proclamándose o equipo fenés campión deste VI Memorial Pedro García Vilar en categoría benxamín.

Dende a SDR Numancia de Ares queremos agradecer a todos os equipos participantes nas categorías prebenxamin e benxamíns así como felicitalos polo seu excelente comportamiento durante todo o Torneo. ¡¡¡Gracias a todos¡¡¡

No aspecto social do Torneo gran ambiente de convivencia entre moitos dos equipos participantes na hora do xantar, degustanto os bocadillos e as racións do churrasco. Por outra parte a última hora da tarde sorteábanse as camisetas do Racing de Ferrol (cedida por este club ao Numancia) e a camiseta do Real Madrid; por xentileza da Peña Madridista O Betanceiro. As afortunadas foron Alicia, unha das Masterchef do Numancia no día de hoxe que foi premiada coa camiseta do Racing de Ferrol. A camiseta do Real Madrid foi entregada polo presidente da Peña Madridista De Ares, D. Juan Silvar ao xogador do equipo prebenxamín "B" do Numancia, Mateo Martínez Cernadas.

En definitiva, gran xornada de sábado en Prados Vellos tanto no deportivo como no social. Moitas gracias a todos por desfrutar con nos desta segunda xornada do VI Memorial Pedro García Vilar.

O Numancia somos tod@s.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Disfrutade da extensa galería de fotos da xornada de hoxe.

 

 


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.