VI MEMORIAL PEDRO GARCIA VILAR (1ª XORNADA)

INOCENCIA E ILUSIÓN NO PRIMEIRO DÍA

Este venres 5 de setembro Prados Vellos abría as suas portas as 15:30. Ultimábanse todos os detalles para o Memorial Pedro García. As 16:30 chegaban xa os primeiros equipos de categoría prebenxamíns, categoría esta que sería a protagonista nesta primeira xornada do Torneo. Salientar que a maioría dos equipos participaron no torneo cos seus equipos "B" formados por nenos de primeiro ano e tamén algún biberón, o que provocou debuts, risas e verdadeiras caras de ilusión e ledicia nos nenos.

No aspecto deportivo o Numancia de Ares "A” dominou o grupo A composto de 4 equipos. As suas claras vitorias ante o CD As Pontes, Ánimas e SD O Val respectivamente otorgábanlle o primeiro posto no seu grupo. Os restantes partidos do grupo foron mais igualados sendo o CD As Pontes o segundo clasificado do grupo tras derrotar ao Ánimas e a SD O Val.

No grupo B dominio do Galicia de Mugardos que derrotaba ao Numancia "B" e ao Rápido de Neda de forma clara o que lle daba a primeira posición do grupo. No último partido da xornada o Numancia "B" conseguía o pase as semifinais do Torneo grazas a maior diferencia logo de empatar ante os nedenses.

Na tarde de maña sábado terán lugar as semifinais e finais do Torneo Prebenxamín dentro do Torneo Benxamín que se xogará durante todo o día. As 17:00 xogaran no campo da cantina o Numancia "A" ante o Numancia "B" no que será o primeiro derbi aresán da temporada. A mesma hora pero no campo das bancadas terá lugar a segunda semifinal entre o Galicia de Mugardos e o CD As Pontes. Para as 18:30 quedan o terceiro e cuarto posto e a gran final do Torneo, para posteriormente proceder a entrega de medallas e trofeos.

No aspecto social da primeira xornada salientar que os equipos eliminados na categoría prebenxamin, SD O Val, Ánimas e Rápido de Neda recibiron as suas medallas en mans da Concelleira de Servicios Sociais do Concello de Ares, Doña Victoria Montenegro. Tamén todos os nenos participantes na xornada do venres recibiron zume e froita por xentileza de Supermercados DIA.

Por outra parte, temos que salientar a gran colaboración da Peña Barcelonista Aresana nesta primeira xornada do Memorial. O agraciado no sorteo da camiseta do FC Barcelona cedida pola peña foi o pai do xogador do equipo prebenxamín “A” do Numancia, Xerar Adelantado. A camiseta foi entregada polo presidente da Peña Barcelonista Aresana, D. Pedro Varela. Asímesmo o citado presidente obsequiu a todos os xogadores da categoría prebenxamín do Numancia cunha bolsa chea de agasallos. Sen dúbida unha gran mostra de cariño e gratitude da Peña Barcelonista Aresana hacia o Numancia de Ares. ¡¡¡¡Moitas grazas¡¡¡

Pero o Memorial non fixo nada mais que comezar. Este sábado temos a segunda xornada do Torneo no que o protagonismo será para a categoría benxamín e tamén para a fase final do Torneo Prebenxamín. Dende as 10:30 ata as 20:30 teremos moito fútbol en Prados Vellos. Pararemos dúas horas para degustar o churrasco do mellor restaurante da zona, o Masterchef do Numancia. A ración de churrascó terá un precio anti - crise de 7 euros. Tamén haberá bocadillos a 2 euros e a 2,50.

Vémonos esté sábado disfrutando cos prebenxamíns e cos benxamíns de Ferrolterra. ¡¡¡¡E tamén de Lugo¡¡¡ Non faltedes.

Estos días mais que nunca:

O Numancia somos tod@s.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Disfrutade da extensa galería de fotos do día de hoxe.


 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.