VI TORNEO "PEDRO GARCÍA VILAR"
VENRES, 5, SÁBADO, 6 e DOMINGO, 7 de setembro, FÚTBOL - 8 EN ARES
Na primeira fin de semana de setembro celebrarase en Ares unha nova edición deste torneo de F-8, organizado pola ADR Numancia, en colaboración co concello de Ares.
Ares, 18 de xullo de 2014
A categoría prebenxamín disputará o venres, 5 de setembro, os partidos correspondentes á primeira fase e á eliminatoria de cuartos de final, durante a sesión vespertina, deixando as semifinais e final para a tarde do sábado.
O sábado, 6 de setembro será o día dos benxamíns, en sesión de mañá e tarde.
E finalmente, o domingo, 7 de setembro, concluirá esta edición coa xornada correspondente á categoría alevín.
A medida que os equipos vaian confirmando a súa participación iremos informando desde esta páxina web.