PREVIA: FIN DE SEMANA DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014

 ¡¡¡ESTE XÓVES TOD@S A PRADOS VELLOS¡¡¡


Esta semana a previa chega algo antes motivado a que a xornada taméncomeza antes. Bastante actividade para os equipos do Numancia durante a fin de semana debido aos Torneos estivais. Pero.... o importante o temos o xóves. Analizamos:


XUVENÍS: Partido de volta da Semifinal da Copa Delegación de Ferrol. O pasado sábado en Ortegal o Cariño venceu por 1-0 ao noso Numancia nun partido moi igualado. Este xóves toca remontar aInstante partido de liga Numancia - Cariño en Prados Vellos (16/11/2013) eliminatoria en Prados Vellos e para iso temos un plan. O 1-0 para igualar a eliminatoria o marcará a MAREA VERMELLA que abarrotará Prados Vellos. Despois estamos seguros de que os rapaces farán o resto. O premio sería xogar a GRAN FINAL o sábado as 19:00 en A Gándara. Paso a paso. Este XÓVES as 19:30 tod@s temos unha cita ineludible co Numancia en Prados Vellos na semifinal de Copa ante o CD Cariño. ¡¡¡Non podes faltar¡¡¡ Será tamén o último partido oficial da temporada 2013-2014 en Prados Vellos. ¡¡¡¡Pasamos lista¡¡¡


FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Agás os benxamíns, todos os equipos de fútbol - 8 teñen actividade este fin de semana. Os alevíns participan no Torneo Vila de Pontedeume o sábado; xogando as 10:00 ante a E.F.R. Ferrol e as 14:00 ante o Perlío na fase de grupos.Os prebenxamíns viaxarán o domingo ata Sada para participar no Torneo do Rayo Sadende e de paso disfrutar dun viaxe turístico por esa preciosa vila da comarca de As Mariñas. Xogarán as 11:00 ante o Marino de Mera e as 12:00 ante o Once Caballeros de Cambre na fase de grupos. Por último os biberóns xogarán un partido de fútbol sala ante o G. Mugardos na pista de San Xoan de Piñeiro o sábado as 11:30 con motivo da II Feira Artesanal de San Xoan de Piñeiro.


En defintiva, bastante fútbol este fin de semana. O mais importante e a cita ineludible e a do xoves na semifinal de Copa Xuvenil en Prados Vellos. Pero agardamos que o mais importante sexa o da final o sábado as 19:00 en A Gándara.


Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Pontedeume, Sada, San Xoan de Piñeiro e quizais en A Gándara (o venres falamos).


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.