III GALA FÚTBOL FERROLTERRA - PREMIOS VOLTAARÍA 2014.

O pasado venres as 20:30 h. no Pazo da Cultura de Narón tivo lugar a III GALA DOS PREMIOS VOLTAARÍA no que ven sendo a festa de fin de temporada do fútbol de Ferrolterra.

 



Nun ambiente de fútbol e de festa e con prácticamente todas as butacas ocupadas foron subindo ao escenario todos estos premiados:

CAMPIÓNS DE LIGA:

Prebenxamin. Grupo I: NARON BALOMPÉ.
Prebenxamin. Grupo II: AD. MIÑO.
Prebenxamin. Grupo III: RACING SAN PEDRO.
Benxamin. Grupo I: E.F. RACING CLUB FERROL.
Benxamin. Grupo II: E.F. RACING CLUB FERROL D.
Benxamin. Grupo III: E.F.RACING CLUB FERROL B.
Alevín. Grupo I: NARÓN BALOMPÉ.
Alevín. Grupo II: SRD. PORTUARIOS B.
Alevín. Grupo III: GALICIA DE CARANZA C.
Alevín. Grupo IV: EUME DEPORTIVO B.
Infantil. Grupo IV: SRD. PORTUARIOS.
Campión Torneo Delegación Infantiles Grupo I: SD CEDEIRA.
Campión Torneo Delegación Infantiles. Grupo II: SD ÁNIMAS.
Cadetes. Grupo IV: SD ÁNIMAS.
Campión Torneo Delegación Cadetes. Grupo V: F.C. ORTIGUEIRA.
Xuveniles: GALICIA DE CARANZA B.
Fútbol-8 Feminino: ESCOLA DE FÚTBOL RACING CLUB FERROL.
Terceira Autonómica: CD. SAN SADURNIÑO.
Segunda Autonómica: SD RÁPIDO DE NEDA.

EQUIPOS MAIS DEPORTIVOS:

Fútbol-8 Feminino: CEDEIRA SD.
Xuveniles: CULTURAL MANIÑOS SD.
Terceira Autonómica: XUVENTUDE DE CABANAS.
Segunda Autonómica: SDC A CAPELA.

MÁXIMOS GOLEADORES

Fútbol-8 Feminino: PAULA LORENZO – RACING CLUB FERROL.
Xuveniles: MIGUEL FONCELLEDO – MIÑO.
Terceira Autonómica: CRISTÓBAL FERNÁNDEZ – BARALLOBRE.
Segunda Autonómica: ALBERTO CALVO – MANDIÁ.

MELLORES CLUBS, XOGADORES, ADESTRADORES E ÁRBITROS

Mellor Club: GALICIA DE CARANZA.
Mellor árbitro: VICTOR GARCÍA VILLAVERDE.
Mellor adestrador de 2ª Autonómica: IVÁN RODRÍGUEZ – AS PONTES.
Mellor adestrador de 3ª Autonómica SUSO FAJARDO – SAN SADURNIÑO.
Mellor adestrador xuvenil PABLO MESA – GALICIA DE CARANZA.
Mellor adestrador fútbol-8 feminino IVÁN GONZÁLEZ – MANDIÁ.
Mellor xogador 2ª Autonómica FERMÍN ARNOSO – A CAPELA.
Mellor xogador 3ª Autonómica VÍCTOR GOLPE – VALDOVIÑO.
Mellor xogador xuvenil IVÁN SAN EMETERIO – ÁNIMAS.
Mellor xogadora fútbol-8 PAULA LORENZO – E.F.RACING CLUB FERROL.

PREMIOS ESPECIAIS

Racing Club Ferrol (por xogar a fase de ascenso a 2ª División e polo ascenso do equipo cadete a División de Honra).

Galicia de Caranza (polo ascenso do equipo cadete a División de Honra).

UD Somozas (por xogar a fase de ascenso a 2ª División B).

MENCIÓNS HONORÍFICAS

D. Manuel (Manolo Canto) por toda unha vida dedidaca aos banquillos no CD Cariño.

D. Bernardino Iglesias directivo do Galicia de Mugardos por toda unha vida dedicada ao traballo polo fútbol modesto en xeral e do Galicia de Mugardos en particular.

A gala estivo presentada pola periodista de Radio Voz, Susana Falcón. Amenizaron a mesma as escolas de baile DANZARES da nosa localidade, Móvete de Mugardos, Brío de San Sadurniño e a escola de bailes de Salón do Concello de Narón.

Fixeron alocucións na Gala o director de Voltaaria Xan Morales que agradeceu aos presentes a sua asistencia e a todos os colaboradores (os concellos da comarca e casas comerciais) xa que sin eles non sería posible celebrar a gala.

Tamén o presidente da Federación Galega de Fútbol dirixiuse a todo o fútbol de Ferrolterra; destacando na súa alocución a confirmación dun partido amigable da Selección Española Sub 21 no outono de 2014 en Ferrol.

Nesta ocasión o Numancia de Ares non tivo nominados ni premaidos como en anteriores temporadas. Aínda así estivo ben representada nesta Gala por persoal do club. Pola súa banda a nosa localidade deixou o pavillón ben alto coa actuación da Escola Danzares a que aproveitamos para felicitar.

Noraboa a tod@s @s premiad@s e ata o ano que ven.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

PICA AQUI e poderás ver unha ampla galería de fotos da Gala publicada na web A Xogada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.