SANTA CATALINA. CLAUSURA DO FUTBOL - 8.

UN ANO MAIS...¡¡¡CHEGA A FESTA DOS NENOS¡¡¡

Este sábado 7 de xuño a partir das 13:30 os equipos de biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns do Numancia celebrarán a festa de fin de temporada. Os nenos e familiares do fútbol - 8 disfrutarán do seu día de festa e convivencia nun marco incomparable, o Mosteiro de Santa Catalina en Montefaro.

 


A partir das 14:00 terá lugar o xantar de confraternización, con pizzas, tortillas, empanadas, lacón asado, refrescos, bo viño, bola, café e os irresistibles chupitos. Na sobremesa terá lugar o sorteo entre os xogadores do Numancia dos agasallos que serán os seguintes:

- 1 Balón cedido polo RC Deportivo de A Coruña e asinado polos xogadores.

- 1 camiseta do xogador ferrolá do RC Celta de Vigo, Alex López.

- 2 prazas para o Campus do RC Celta de Vigo a celebrar a mediados de xullo en Prados Vellos.

- 1 praza para o Campus de Porteiros de Diego Rivas a celebrar a finais de Xuño en Prados Vellos.

- 3 vales para personalizar as botas en Solucione Ferrol.

- 2 camisetas de MUCHACALIDAD.

Asímesmo, todos os xogadores numantinos que asistan a esta festa de fin de temporada serán obsequiados con varios agasallos por xentileza do Concello de Ares.

En definitiva, un ano mais xogadores, adestradores, familiares do fútbol - 8 numantino acompañados de directivos do Numancia e de representantes municipais xuntaránse en Santa Catalina para despedir como se merece esta temporada.

¡¡¡Vémonos tod@s o sábado en Montefaro¡¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Interior do Mosteiro de Santa Catalina (Montefaro)

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.