I CAMPUS S.D.R. PORTUARIOS 2014
A S.D.R. Portuarios de Ferrol organiza durante as semanas do 30 de xuño ao 5 de xullo, e do 7 ao 12 de xullo, o seu primeiro campus dirixido a nen@ de entre 6 e 15 anos para fomentar a millora técnico-tactico do neno/a.
A actividade desenvolverase no campo de fútbol de Aneiros (Serantes) en horario de 9:30 a 14:00 h.
Nestes días teremos a presenza de xogadores profesionais de primer nivel, como técnicos de primeiro nivel, especialistas no futbol-base de formación.
Contamos con adestradores titulados, que serán os responsables dos grupos.
Faranse grupos en función das idades, e haberá un servicio de garda sin coste adicional para os nenos/as que teñan que chegar antes o recinto.
MATERIAL DE REGALO.
Por neno/a participante un pantalón, unha camiseta e unhas medias.
ENSERES QUE TEN QUE TRAER CADA PARTICIPANTE.
Camisetas, pantalón, medias, caneleiras, botas, chandal, gorra e enseres de aseo.
NORMATIVA.
- Puntualidade.
- Respeto aos monitores e compañeiros.
- Seguir as indicacións dos monitores en todo momento.
- Respetar o material e as instalacións.
FINALIDADE.
- Desenvolver e perfeccionar os fundamentos técnicos e tácticos do xogo, tanto colectivos como individuais.
- Disfrutar da competición dunha maneira educativa.
- Colaborar na educación integral do xogador potenciando valores como: compañerismo, e bos hábitos alimentarios e de hixiene.
INSCRIPCIÓN.
O campus ten un prezo de inscripción de oitenta euros (80 euros) por semana.
A data límite para inscribirse remata o día 20 de xuño.
Podes realizar a inscripción en:
www.srdportuarios.es
No local social do Portuarios.
Ou no campo de fútbol de Aneiros (Serantes).
Para ver a ficha de inscripción PICA AQUÍ.
CONTACTO.
Teléfono: 657 316 799.
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Facebook: SRD Portuarios Ferrol Vello.