PREVIA: FIN DE SEMANA DO 23 AO 25 DE MAIO DE 2014.

COPAS GRATIS

Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. A competición de Copa monopoliza a fin de semana. Analizamos o que nos agarda:

 



MODESTOS: Chegan os 1/8º de final da Copa de Ferrolterra. Os numantinos recibirán ao CD Cariño, un equipo que finalizou na zona media da 2ª Autonómica e que venceu en Ares fai un mes. Deberán estar a gran nivel os nosos xogadores para eliminar aos de Ortegal e clasificarse para os cuartos de final. Cita ineludible cos modestos este domingo as 17:00 en Prados Vellos.Numancia de Ares ADR. Final Copa de Cadetes NUMANCIA vs MEIRAS.

XUVENÍS: Comezan a competición de Copa. Nos 1/8º de final viazan ata Ferrol para medirse a un dos equipos da zona alta da Liga, o EF Ensanche. Intentarán eliminar aos do Inferniño e pasar a cuartos de final. O partido será o próximo domingo as 11:30 no campo de herba natural de A Gándara.

CADETES: ¡¡¡Chega o gran día¡¡¡ Este sábado os cadetes coa gran axuda da Marea Vermella buscarán facerse coa Copa de Ferrolterra. ¡¡¡Qué disfruten da experiencia, do partido e do ambiente¡¡¡; independientemente do resultado final. Será un día especial para os rapaces. Tod@s estamos obrigados a animalos, apoialos e facer unha gran festa coa excusa dun partido de fútbol. ¡¡¡ESTE SÁBADO A PARTIR DAS 16:15 A GÁNDARA E VERMELLA¡¡¡¡ Hai que abarrotar as bancadas do campo de herba natural. ¡¡¡SORTE CAMPIÓNS¡¡¡

INFANTÍS: Turno para a Copa AFACO. Perlío, Rápido de Neda e Numancia mediránse en formato triangular co pase as semifinais da Copa Afaco en xogo. Será o sábado as 10:15 - 11:15 e 12:15 en Prados Vellos. ¡¡¡¡Acudide para ir quentando de cara á tarde¡¡¡

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Os benxamís xogan o único partido oficial do fútbol 8. Antepenúltima xornada onde afrotan un duelo na zona alta ante o Cedeira o sábado as 11:00 no campo cedeirés de O Beco. O venres os biberóns reciben ao AD Miño a partir das 18:30 en Prados Vellos na última xornada da Liga AFACO. Despídense de Ares os biberóns por este ano. De seguro que haberá moita xente animando e disfrutando dos pequenos. Prebenxamíns e alevíns de seguro que tamén estarán "animando" e xogando por alí. Preguntade.

En definitiva, fin de semana con dous grandes citas. ¡¡¡UNHA FINAL¡¡¡ Despois dunhas temporadas o Numancia volve a xogar unha final de Copa. Nada que dicir..... soamente que o sábado non pode faltar ninguén do Numancia no campo de A Gándara en Ferrol. E o domingo temos que empuxar aos modestos ata cuartos de final. ¡¡¡¡PODEMOS É QUEREMOS¡¡¡

Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, A Gándara ou en Cedeira.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.