II CAMPUS PARA PORTEIR@S EN PRADOS VELLOS (ARES)

Campus porteiros Diego RivasConcello de AresNo mes de xuño, desenvolverase en Ares (A Coruña), o “II Campus para porteir@s Diego Rivas – Concello de Ares”. Dito campus terá lugar o mércores 25, xoves 26, e venres 27 de xuño, en xornada de mañá, de 10:00 a 13:30 h., así como na tarde do venres, incluindo o xantar, e rematando ás 19:00 h. no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.

  

O Campus estará dirixido polo porteiro Diego Rivas, na actualidade gardamallas profesional do CD Tenerife., e Diplomado en Maxisterio ca especialidade de E. Física, que coordinará un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.

Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteir@s de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos a súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 16 anos).

Haberá tan só 42 prazas, que cubriranse por rigurosa orde de inscripción. O prazo para inscribírense estará aberto do 21 de maio ao 16 de xuño, sempre e cando haxa prazas libres.

O prezo de inscripción é de 70 € (60 € para os empadroad@s en Ares ou xogador@s das categorías inferiores do Numancia de Ares ADR ou do Galicia de Mugardos, así como para 2 ou máis incripcións por unidade familiar).

Para obter máis información sobre o campus PICA AQUÍ.

 

 

II Campus de Porteiros Diego Rivas - Ares 2014. 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.