IV TRIANGULAR DE PEÑAS DEPORTIVAS ARESANAS
O sábado, 14 de xuño de 2014, celebrarase no campo de fútbol municipal de Prados Vellos o “IV Triangular de Peñas Deportivas Aresanas”.
O torneo consistirá nun triangular co seguinte calendario:
A 17:00 H, PEÑA DEPORTIVISTA – PEÑA MADRIDISTA.
A 18:00 H, PERDEDOR 1º PARTIDO – PEÑA BARCELONISTA.
A 19:00 H, GAÑADOR 1º PARTIDO – PEÑA BARCELONISTA.
Unha vez rematada a fase deportiva e para repoñer forzas os contendentes darán conta dunha cea no Mosteiro de Santa Catalina amenizada por un D.J. A cea será ás 21:30 h, ten un prezo de 18 euros, e está aberta a todo o público.
O menú constará de: Ibéricos, Empanada, Churrasco, Postre, Café e Chupito.
Para apuntarse á cea contactar coas correspondentes Peñas ou co Numancia de Ares.
Peña Deportivista: 693 365 859
Peña Barcelonista: 695 219 835
Peña Madridista: 659 533 347
Numancia de Ares: 981 448 121
A data tope para apuntarse será o sábado 7 de xuño.