XI TORNEO DE FÚTBOL "R.C. DEPORTIVO DE LA CORUÑA"

UN DIA DE SOÑOS

Un ano mais, a ADR Numancia de Ares participaba no Torneo de fútbol - 8 benxamín e alevín do RC Deportivo de A Coruña nas instalacións de "El Mundo del Fútbol" en Abegondo. O xoves 1 de maio as 9:30 partía a expedición numantina formada por 58 persoas (xogadores, adestradores, delegados, reporteiros, familiares...) dende a Porta do Sol cara Abegondo. Caras de sono e de ilusión nos nenos, que aumentaron sobre as 10:15 da mañá cando a expedición do Numancia chegaba a Abegondo. Moitos autobuses, nenos, moita xente, moitos campos e moito fútbol. Tocaba prepararse para disfrutar e disputar os seguintes partidos:

Abegondo, 1 de maio de 2014.

BENXAMÍNS:

Numancia: Miguel Iglesias, Miguel Martínez, Carlos, Marcos Rey, Chechu, Iván, Lucas, Jaime, Manu, Marquitos, Óscar e Telmo.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

FASE PREVIA BENXAMÍN: (1 tempo de 20 minutos).

12:10.- NUMANCIA 0 – CALASANZ "B" 1.

Partido igualado e moi competido por ambos equipos. Un lanzamento de falta deulle a vitoria os coruñeses neste primeiro envite.

13:25.- NUMANCIA 2 – PORTAZGO 1.

Neste partido adiantábanse os de Culleredo. Os numantinos non se viñeron abaixo e cos goles de Óscar e de Lucas de falta directa nos últimos minutos conseguiron a vitoria neste partido.

Curiosa situación a vivida no grupo dos benxamíns do Numancia. Portazgo, Numancia e Culleredo empataban a 3 puntos. Houbo que recurrir o regulamento do Torneo que establecía os goles a favor como primeiro criterio de desempate; quedando eliminado o Calasanz "B". Seguindo co protocolo de desempate entre 3 equipos empatados a puntos o seguinte criterio era o sorteo puro e duro. O Coordinador do Torneo D. Miguel Gamallo lanzaba unha moeda ao aire en presenza dos delegados do Numancia e do Portazo. A sorte estivo do lado dos de Culleredo que se clasificaban para a seguinte fase, quedando o Numancia eliminado. Cousas do fútbol ¿ou do azar? O regulamento así o estipulaba.

ALEVÍNS:

Numancia: Rubén, Mateo, Mario, Raúl, Borja, Naím, Adrián, Migui, Pablo, Martín e David.

Adestrador: Alberto Durán Morais.

Delegado: Santiago Cartelle López.

FASE PREVIA ALEVÍN (1 tempo de 20 minutos).

12:10.- NUMANCIA 2 – IMPERATOR "B" 1.

Adiantábae o Numancia mediante un bonito gol de Mario no lanzamento dunha falta. Empataban os coruñeses; pero nos últimos minutos o polivalente Adrián aproveitaba un balón as costas da defensa coruñesa para establecer o 2 - 1 definitivo.

13:00.- NUMANCIA 0 – SAN TIRSO "A" 0.

Partido no que o dominio e a posesión do balón foi do equipo de Mabegondo. Os numantinos defendéronse con orde e fixeron un gran esforzo colectivo. Ese esforzo tivo o seu premio xa que se clasificaban para a seguinte fase como un dos mellores segundos de grupo.

1/16 FINAL - ALEVÍNS (1 tempo de 20 minutos).

16:15.- ATLÉTICO LOS CASTROS "A" 4 – NUMANCIA 0.

Gran premio o que tiveron os alevíns do Numancia, xa que xogaron esta eliminatoria no campo principal de "El Mundo del Fútbol", escenario habitual dos adestramentos do RC Deportivo e dos partidos do RC Deportivo "B". Disfrutaron do campo e do ambiente os nosos rapaces, pero non poideron facer nada ante un equipo coruñés moi superior.

Despois do último partido de alevíns, os nenos das dúas categorías recollían os agasallos da Organización (gominolas, bebidas, camisetas...) e a expedición numantina partía de regreso a Ares chegando a nosa vila as 18:00.

En resumo, un día inolvidable para os nenos, que viaxaron en autobús como os seus ídolos do fútbol profesional para xogar os partidos. Xogaron na cidade deportiva do RC Deportivo e disfrutaron e conviviron con mais de 2.000 xogadores pertencentes a 144 equipos das provincias de A Coruña e Lugo. Un día de excursión e convivencia para nenos e familiares coa excusa do fútbol. Sen dúbida a imaxe do Numancia de Ares estivo moi ben representada tanto nas bancadas como no terreo de xogo cun comportamiento exquisito de todos os que viaxaron. No aspecto deportivo boa imaxe tamén dos dous equipos conseguindo traerse unha vitoria os benxamíns e unha clasificación para 1/16 de final os alevíns. ¡¡¡Noraboa a tod@s¡¡¡

Felicitar o RC Deportivo de A Coruña pola súa magnífica organización do Torneo, rozando a excelencia e tamén felicitalo no aspecto deportivo por facerse co Campionato nas dúas categorías. Agardemos poder cumplir coa nosa cita anual co equipo deportivista participando no Torneo do RC Deportivo na temporada 2014-2015.

Agradecer as 58 persoas que viaxaron nun día festivo como o do xoves 1 de maio a cidade deportiva de Abegondo para representar ao Numancia. Como premio e agradecemento deixámosvos cunha magnífica galería fotográfica da participación no Torneo.

O Numancia somos tod@s.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.