PREVIA: FIN DE SEMANA DO 2 AO 4 DE MAIO DE 2014

EMPACHO FUTBOLÍSTICO

Nova xornada de competición para os equipos do Numancia. Unha xornada que pechará unha semana con moito fútbol para todos os nosos conxuntos. Analizamos:

 



MODESTOS: Visitan na penúltima xornada de Liga o campo de Boavista en Mandía para xogar ante o equipo local. Os ferroláns necesitan sumar puntos para non verse sorprendidos pola cascada dos descensos. Os numantinos buscarán sumar para terminar a temporada na zona noble. Cita cos modestos o domingo as 17:30 no campo de Boavista en Mandiá. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡Numancia de Ares, os cadetes celebrando un gol.

XUVENÍS: Reciben na antepenúltima xornada de Liga o CD San Sadurniño. Dous rivais da zona media da clasificación buscarán a vitoria para subir postos e chegar en boa forma a competición de Copa. Cita cos xuvenís o sábado as 17:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡

CADETES: Visitan na antepenúltima xornada de Liga o campo de Os Pinares para medirse ao Perlío. Os numantinos intentarán facer un bo partido ante un rival da zona media para seguir collendo moral e boas sensacións de cara a final de Copa. Será o domingo as 11:30 no campo de Os Pinares de Perlío.

INFANTÍS: Visitan na antepenúltima xornada de Liga tamén o campo de Os Pinares para xogar ante un rival da súa Liga como é o Perlío. Un partido no que os numantinos poden sacar algo positivo se amosan o seu mellor nivel. A cita cos infantís será o venres as 19:00 no campo de Os Pinares de Perlío.

FÚTBOL - 8: Os prebenxamíns xogan o venres as 18:00 en Aneiros ante o Portuarios nunha última xornada de Liga a que chegan con dereito a soñar. Os benxamíns reciben o venres as 18:30 ao Portuarios en Prados Vellos, nun duelo da zona alta. Os alevíns rematan a Liga no campo de O Beco ante o Cedeira "B" o sábado nun partido de sesión vermout as 13:00.

En resumo, xornada para pechar unha semana maratoniana con moitos partidos. Agardemos boas novas dos nosos equipos para afrontar nas vindeiras semanas con positivismo a recta final da temporada.

Vémonos esta semana en Mandiá, Prados Vellos,  Perlío, Cedeira ou en Ferrol.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.