TORNEO CONCELLO DE MUGARDOS

HINCHABLES, CHURRASCO E MOITO FÚTBOL

Os equipos de fútbol - 8 do Numancia aproveitaron o parón da competición de Liga debido a Semana Santa, para participar nesas datas no II Torneo de Fútbol - 8 Concello de Mugardos. Todos os equipos numantinos xogaron tres partidos dun tempo de 25 minutos na fase de grupos.

 



A Pedreira 17, 18 e 19 de abril de 2014.

PREBENXAMÍNS - XOVES 17 DE ABRIL

NUMANCIA: Marcos, Mario, Dani, Lucas, Aketx, David Allegue, Axel, Ángel, Isma, Gonzalo, Xerar, Hugo, Sergio Feal e Óscar.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

(10:00) SD O VAL 5 - NUMANCIA 1.

(13:00) NUMANCIA 1 - VICTORIA CF 2.

(16:00) NUMANCIA 1 - ORILLAMAR SD 6.

Os prebenxamíns numantinos participaron neste Torneo cun equipo prácticamente na sua totalidade de primeiro ano. A diferencia física e de idade notouse moito nos enfrontamenos ante os valexos e ante os dous equipos de A Coruña. Pese a iso, os pequenos do Numancia loitaron sen descanso tendo varias opcións de gol nos partidos e conseguindo tres goles durante o Torneo, todos eles conseguidos por xogadores de primeiro ano.

Destacar que os xogadores prebenxamíns de último ano David Vilasánchez e Brais participaron neste Torneo co equipo de benxamíns do Numancia.

BENXAMÍNS - VENRES 18 DE ABRIL.

NUMANCIA: Miguel Martínez, Chechu, Carlos, Jaime, Telmo, Óscar, Marcos Rey, Marquitos, David Vilasánchez e Brais.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

(10:00) SD O VAL 3 - NUMANCIA 0.

(13:00) NUMANCIA 0 - VICTORIA CF 2.

(16:00) NUMANCIA 0 - SD ORILLAMAR 10.

O equipo de benxamíns presentou tamén un equipo moi novo, con moitos xogadores de primeiro ano e con dous xogadores prebenxamíns. Competiron digmamente pero o maior físico dos rivais e a escasez de efectivos pasou factura os numantinos.

ALEVÍNS - SÁBADO 19 DE ABRIL.

NUMANCIA: Rubén, Adrián, Mateo, Migui, Raúl, Borja, Mario, Martín, Naím, Pablo e David

Adestrador: Alberto Durán Morais.

Delegado: Santiago Cartelle López.

(10:00) SD O VAL 1 - NUMANCIA 0.

(13:00) NUMANCIA 1 - VICTORIA CF 2.

(16:00) NUMANCIA 0 - SD ORILLAMAR 3.

Os alevíns tamén algo xusto de efectivos loitaron por clasificarse nos dous primeiros partidos. Ante a SD O Val e ante o Victoria caeron derrotados pola mínima nuns partidos que calquera poido gañar. No último partido, xa sen opcións ante a SD Orillamar caeron derrotados ante un rival moi superior.

En resumo, interesante Torneo para os diferentes equipos de fútbol - 8 xa que poideron competir ante rivais da zona de A Coruña, auténticas seleccións de nenos que foron superiores sobretodo físicamente os nosos nenos neste Torneo.

O realmente positivo foi o aspecto social. Moitos nenos e acompañantes de equipos de toda a provincia disfrutando e convivindo nos hinchables e comendo na carpa habilitada para tal efecto, a cal foi todo un éxito. A convivencia e diversión é a esencia do fútbol base.

Agradecer a todos os xogadores dos equipos prebenxamín, benxamín e alevín do Numancia así como a todos os seus acompañantes por reservar un día das vacacións de Semana Santa para xogar co Numancia neste Torneo. Gran exemplo de compromiso.

Felicitar o Rayo Sadense, SD Orillamar e SRD Ánimas, vencedores do Torneo nas categorías de prebenxamíns, benxamíns e alevíns, respectivamente. Felicitar tamén o Galicia de Mugardos pola súa magnífica organización deste Torneo e agradecerlle a invitación e o magnífico trato dispensado a familia do Numancia durante o mesmo.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

FOTOS DO EQUIPO DE ALEVINS

 

 

FOTOS DO EQUIPO DE PREBENXAMINS

 

 

Para ver máis fotos do Torneo publicadas na Web do Galicia de Mugardos PICA AQUI.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.