XI TORNEO DE FÚTBOL “R. C. DEPORTIVO DE LA CORUÑA”.
XI TORNEO DE FÚTBOL “R. C. DEPORTIVO DE LA CORUÑA”.
O xoves, 1 de maio do 2014, celebrarase nos campos de fútbol de Abegondo, o XI Torneo fútbol “Real Club Deportivo de La Coruña”, nas categorías de Alevín - 8 e Benxamín - 8.
Ares,16 de abril do 2014.
Neste Torneo participaran un total de 156 equipos, pertencentes a 58 clubs de toda a xeografía galega; deles, 81 equipos son da categoría alevín, e estarán repartidos en 27 grupos, e a categoría benxamín estará conformada por 75 equipos, repartidos en 25 grupos.
A ADR Numancia de Ares participa neste Torneo en ambas as duas categorías.
A Torneo dará comezo ás 10:30 da mañá e ás 20:00 da tarde celebraránse as finais.
A Fase Clasificatoria desenvolverase polo sistema de Liga a unha volta, pasando á Fase Final en ALEVÍNS os 27 campións de grupos e os 5 mellores segundos, e en BENXAMÍNS os campións de cada un dos 25 grupos e os 7 mellores segundos.
A Fase Final desenvolverase polo sistema de eliminación directa a un partido.
Os partidos terán unha duración de 20 minutos na primeira fase divididos en dous tempos, sen descanso entre eles; e de 20 minutos tamén na fase final de eliminatorias (dézeseisavos, oitavos e cuartos de final).
As semifinais e finais disputaranse cunha duración de 2 tempos de 15 minutos cada un deles, con 5 minutos de descanso.
Habilitaranse 20 terreos de xogo que serán numerados do 1 ao 20, neles disputaranse partidos tanto de alevíns coma de benxamíns, salvo nos campos 17, 18, 19 e 20 nos que só se disputaran de benxamíns.
ALEVINS
O equipo ALEVIN do Numancia está encadrado no Grupo 22, xunto co Imperator “B” e o San Tirso “A”.
O calendario da fase clasificatoria do equipo ALEVIN é o seguinte:
Campo 1: Numancia – Imperator “B” as 12:10 h.
Campo 10: Numancia – San Tirso “A” as 13:00 h.
Para dezaseisavos de final clasificaranse os 27 campións de grupo e os 5 segundos mellor clasificados cos seguintes criterios (para determinar os 2º mellores):
1º maior puntuación.
2º maior diferenza de goles.
3º maior número de goles a favor.
4º sorteo.
Os subcampions para a eliminatoria de dezaseisavos ordenaranse seguindo a orde establecida de grupos
BENXAMINS
O equipo BENXAMIN do Numancia está encadrado no Grupo 11, xunto co Calasanz “B” e o Portazgo.
O calendario da fase clasificatoria do equipo BENXAMIN é o seguinte:
Campo 10: Numancia – Calasanz “B” as 12:10 h.
Campo 2: Numancia – Portazgo as 13:25 h.
Para dezaseisavos de final clasificaranse os 25 campións de grupo e os 7 segundos mellor clasificados cos seguintes criterios (para determinar os 2º mellores):
1º maior puntuación.
2º maior diferenza de goles.
3º maior número de goles a favor.
4º sorteo.
Os subcampions para a eliminatoria de dezaseisavos ordenaranse seguindo a orde establecida de grupos
PICA AQUÍ para ver toda a información relacionada co Torneo.