ITV: FIN DE SEMANA DO 4 AO 6 DE ABRIL DE 2014.

UN POUCO AFOGADOS

Primera semana de competición do mes de abril para os diferentes equipos do Numancia. En xeral, non foi un bo comezo de mes para os nosos conxuntos en canto a resultados. Analizamos a pasada xornada:

 



MODESTOS: Dura derrota en Prados Vellos ante o CD Cariño. Non foi o mellor día do noso equipo o pasado domingo. Confiemos en que nas 4 xornadas que faltan nesta 2ª Autonómica os nosos sexan capaces de terminar o mais arriba posible.Aficionados do Numancia de Ares.

XUVENÍS: Novo empate, desta vez en Prados Vellos ante un equipo situado na zona alta como é o EF Ensanche. O equipo xuvenil está nunha boa línea de traballo nas últimas semanas. Agardemos que contínuen así e nos den algunhas sorpresas agradables no que queda de temporada.

CADETES: Nova derrota, desta vez ante o CD As Pontes a domicilio. Non están tendo sorte os cadetes nin coas lesións nin cos resultados. Agardemos que recuperen efectivos e confianza de cara as últimas xornadas e a final de Copa que xogarán en maio.

INFANTÍS: Derrota en Prados Vellos ante un dos finalistas da Copa, o Galicia de Caranza "B". Os nosos infantís loitaron pero non foron capaces de amosar o seu mellor nivel. Seguen traballando por semana e pelexando os fins de semana nunha liga moi esixente.

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Sen dúbida, o fútbol - 8 e o orgullo do Numancia esta temporada. Os prebenxamíns venceron en Neda para achegarse a un premio inesperado. Os benxamíns venceron en As Pontes. Os alevíns venceron o Racing San Pedro a domicilio. Resultados ó marxe, gran temporada dos equipos de fútbol - 8 con moitos nenos disfrutando semana tras semana e representando con orgullo o Club do seu pobo. Os biberóns disfrutaron en Pontedeume dun novo partido da Liga AFACO.

En definitiva, non foi a mellor fin de semana en canto a resultados. Non pasa nada. En Ares nos últimos anos acostumbramos a pisar o acelerador con forza nos últimos meses de competición. Este ano, agardemos que non sexa diferente. ¡¡¡A seguir traballando¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.