ITV: FIN DE SEMANA DO 28 AO 30 DE MARZO DE 2014

TERMINANDO UN MARZO ACEPTABLE

Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Nesta fin de semana os conxuntos numantinos seguiron coa melloría dende que chegou a primavera. Analizamos a xornada:


MODESTOS: Disputada e importante vitoria no campo de A Gándara ante o Ánimas que sirve para continuar na zona noble da 2ª Autonómica.

XUVENÍS: Recuperan a dinámica de empates como a principios de temporada. Desta vez a igualada foi no difícil campo de Cariño ante o equipo local. Boas sensacións do reforzado equipo xuvenil nas últimas semanas.

CADETES: Unha de cal e outra de area. Cando parecía que os cadetes recuperaran o bo camiño foron perder en Prados Vellos co Portuarios "B". Toca volver a erguerse e traballar moi duro de cara ó futuro próximo.

INFANTÍS: Sumaron un punto ante o Meirás no Misael Prieto. Boa imaxe do equipo infantil e un empate a domicilio para coller moral de cara a futuros compromisos.

FÚTBOL-8 e BIBERÓNS: A festa do fútbol - 8 en Prados Vellos deixou un bonito partido de biberóns entre Numancia e Cabañas. Unha vitoria cómoda dos prebenxamíns ante o Narón "B". Vitoria axustada dos benxamíns ante o Eume "B". Derrota dos alevíns nun emocionante partido ante o G. Caranza "B". Moito público en Prados Vellos e bonitos goles na tarde do venres.

En definitiva, boa xornada en líneras xerais para o Numancia. Agardemos poder seguir contando boas novas nas seguintes revisións da ITV.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.