PREVIA: FIN DE SEMANA DO 28 AO 30 DE MARZO DE 2014

A DESPEDIR MARZO CON BOA NOTA

Intensa xornada de competición esta última fin de semana de marzo os diferentes equipos do Numancia. Analizamos a continuación os distintos partidos que nos agardan na fin de semana:

 



MODESTOS: Visitan na 26ª xornada o campo artificial de A Gándara en Ferrol. Alí espera un rival da zona media da clasificación como é o Ánimas, que no partido de ida conseguiu puntuar en Prados Vellos. Un encontro onde os numantinos terán que estar concentrados e repetir a boa imaxe da pasada semana ante o G. de Caranza para conseguir tres puntos importantes para seguir na zona alta. Marea Vermella o domingo as 17:00 no campo de herba artificial de A Gándara en Ferrol. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡Instante partido Copa de cadetes Numancia-Portuarios "B" (23/11/2013)

XUVENÍS: Na 27ª xornada afrontan a viaxe mais longa da temporada. Toca visitar Cariño onde agarda o equipo local. Dous equipos situados na zona media da clasificación buscarán a vitoria para subir postos. Será o sábado a partir das 16:00 no Municipal de Cariño.

CADETES: Reciben na 15ª xornada de Liga a visita do Portuarios "B". Logo de volver a senda das vitorias en Maniños, buscarán tres novos puntos para seguir escalando posicións na clasificación. Cita cos cadetes o sábado as 17:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

INFANTÍS: Visitan na 15ª xornada de Liga o Meirás. Os numantinos venceron tanto en Copa como no partido de ida da Liga os de Valdoviño, un equipo situado na zona media. Buscarán os infantís unha nova vitoria ante os verdinegros para escapar do último posto da clasificación. A cita será nun dos campos do Misael Prieto (a estas alturas aínda non sabemos en cal) o sábado a partir das 17:30.

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Festa do fútbol - 8 este venres en Prados Vellos. As 17:00 os prebenxamíns reciben a visita do Narón "B". As 18:00 os alevíns xogan ante o G. Caranza "B". As 18:30 no campo anexo os biberóns reciben o Cabañas na Liga AFACO. Pechan a festa do fútbol - 8 numantino os benxamíns que reciben as 19:00 o Eume "B". Catro partidos de fútbol - 8 este venres en Prados Vellos que non deberiades de perder. ¡¡¡Alí os agardamos a tod@s animando os nenos¡¡¡

En resumo, fin de semana cargado de partidos. Agardemos que os nosos equipos rematen o mes de marzo da mellor maneira posible e que non se lastime ningúen.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Ferrol, Cariño, Prados Vellos ou en Meirás.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.