PREVIA: FIN DE SEMANA DO 21 AO 23 DE MARZO DE 2014
MORBO EN MODESTOS; DERBI EN XUVENÍS.
Bonita xornada de competición a que espera esta fin de semana; con partidos moi atractivos en Prados Vellos. Analizamos:
MODESTOS: Reciben na 25ª xornada a un rival da zona media como é o Galicia de Caranza. Os numantinos buscarán a vitoria para recuperarse da derrota no derbi do pasado sábado e tamén para seguir situados na zona alta da clasificación. Partido con "morbo" no bo sentido xa que nos visita o ex- adestrador e bo amigo da casa como Xelo que adestra ó equipo de Caranza. Será o domingo as 16:30 cando a Marea Vermella deberá acudir a Prados Vellos.... Bo aperitivo o Real Madrid - Barsa. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
XUVENÍS: Reciben na 26ª xornada de Liga a visita do Galicia de Mugardos. Interesante derbi de xuvenís na que os nosos rapaces intentarán vencer o eterno rival. Un G. Mugardos que loita por xogar a fase de ascenso.... Como non podía ser doutra maneira os de Ares intentarán vencelos para subir posicións e de paso saborear unha vitoria especial como a do derbi. Bonito duelo DEPORTIVO entre aresáns e mugardeses o sábado a partir das 17:00 en Prados Vellos.
CADETES: Visitan na 14ª xornada de competición o campo de O Pote para medirse o anfitrión, o Cultural Maniños. Os cadetes buscarán esa vitoria que tanto se resiste nas últimas semanas para recuperar posicións e moral. Será o sábado as 11:00 no campo de O Pote en Maniños.
INFANTÍS: Reciben na 14ª xornada de Liga a visita do 2º clasificado, o CD As Pontes. Os numantinos se crecen ante os equipos mais fortes da competición. Nesta ocasión intentarán compricarlle as cousas a un dos equipos que loitan polo título de Liga. A cita que temos cos infantís é o sábado as 11:00 en Prados Vellos.
FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Todo o fútbol - 8 numantino xoga o venres. Abren paso os prebenxamíns que visitan Pontedeume as 17:00. As 17:30 e as 18:30 xogan alevíns e biberóns en Barallobre. Como merenda - cea quedan os benxamíns que xogan as 19:45 no campo de A Piscina de San Sadurniño.
En resumo, bonito fin de semana para acudir a Prados Vellos para animar os infantís e para disfrutar dos bonitos duelos de xuvenís e modestos. Agardemos que nos respeten as lesións e que melloren os resultados das últimas semanas.
¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Maniños, Barallobre, San Sadurniño ou en Pontedeume¡¡¡
O Numancia somos tod@s.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡