ITV: FIN DE SEMANA DO 7 AO 9 DE MARZO DE 2014
A CULPA FOI DO ENTROIDO
Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Non foron moi positivos os resultados que analizamos a continuación:
MODESTOS: Empate agridoce ante o San Mateo en Prados Vellos. Igualada ante un rival directo e a pensar xa no derbi do sábado ante o Galicia de Mugardos "B".
XUVENÍS: Nova derrota dos xuvenís. Desta vez foi o AD Miño o que se levou os tres puntos de Prados Vellos nos últimos minutos. Agardemos que reaccionen os rapaces neste último tramo da temporada coa Copa da Ría tamén no horizonte.
CADETES: Derrota na visita compricada a Meirás. Os cadetes deberán terminar a Liga da mellor maneira posible para chegar a Final de Copa en maio coa máxima moral posible.
INFANTÍS: Pese ó seu empate ante o Eume, foron o mellor da xornada xa que fixeron un gran partido ante os eumeses en Prados Vellos.
FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Os prebenxamíns venceron a domicilio o Ánimas para seguir no liderato. Os benxamíns venceron en O Val. Os alevíns dobregaron o Neda a domicilio. Pleno de vitorias e de boas sensacións no fútbol - 8 este fin de semana. En canto os biberóns, novo partido da Liga AFACO en Miño co sol e o calor como protagonistas.
En resumo, unha nova xornada na que os resultados volveron a ser bastante negativos e onde os mais pequenos do Numancia foron a parte mais positiva da fin de semana. Agardemos que despois deste Entroido ben celebrado en Ares.... os equipos volvan o seu nivel habitual e comecen a mellorar as suas prestacións nas seguintes xornadas.
O Numancia somos tod@s.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡