PREVIA: FIN DE SEMANA DO 7 AO 9 DE MARZO DE 2014

LORENZO DEBUTA ESTE FIN DE SEMANA

Nova xornada para os diferentes equipos do Numancia. Este fin de semana debuta Lorenzo co Numancia e co resto dos equipos da comarca; Lorenzo non é outro que o sol que levaba desaparecido durante tres meses. Analizamos o que nos agarda:

 

 

 

MODESTOS: Reciben na 22ª xornada en Prados Vellos a visita do San Mateo. Bonito partido entre dous dos equipos situados no tren perseguidor da cabeza da clasificación. Ambos conxuntos buscarán a vitoria para seguir na zona alta. O Numancia intentará dar unha ledicia a Marea Vermella para chegar tamén coa máxima moral posible o gran derbi da próxima semana en Mugardos. Non faltedes este domingo soleado a vosa cita co Numancia de modestos. A partir das 16:30 Marea Vermella en Prados Vellos. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡Numancia de Ares ADR (28/02/2014)

XUVENÍS: Reciben na 23ª xornada de Liga a visita do AD Miño. Bo partido entre dous equipos situados na zona media da clasificación. Será o sábado en Prados Vellos a partir das 18:00. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

CADETES: Retoman a competición iniciando a segunda volta da competición a domicilio ante o Meirás. Os dous conxuntos que xogarán en maio a final de Copa volven a verse ás caras. Será o sábado a partir das 17:00 no Misael Prieto de Meirás.

INFANTÍS: Reciben na 12ª xornada de Liga a visita do Eume Deportivo. No comezo da segunda volta os infantís queren facer un bo papel ante un Eume que a piques estiveron de derrotar a domicilio na primeira xornada. Será o sábado a partir das 16:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Agardámosvos¡¡¡

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Abren a xornada os alevíns o venres en Neda ante o equipo local a partir das 18:30. O sábado pola mañá xogan os equipos restantes. Os benxamíns xogan as 11 no campo de O Sinde ante a SD O Val. As 11:45 serán os prebenxamíns os que xoguen ante o Ánimas no campo de A Gándara en Ferrol. Por último a partir das 12:30 os biberóns xogan ante o Miño no Municipal de Gallamonde nunha nova xornada da Liga AFACO de fútbol - 8.

En resumo, bonito fin de semana de fútbol e sol nos distintos campos da comarca. Destacamos a bonita xornada do sábado pola tarde en Prados Vellos, con infantís e xuvenís xogando sucesivamente en Ares. Bonito plan para a tarde do sábado. O domingo debemos subir todos tamén a Prados Vellos a nosa cita semanal coa Marea Vermella e co primeiro equipo. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Meirás, Neda, O Val ou na Gándara¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.