PREVIA: FIN DE SEMANA DO 24 AO 26 DE XANEIRO DE 2014

¡¡¡TOD@S A PRADOS VELLOS¡¡

Nova xornada para todos os equipos do Numancia. Nesta fin de semana teremos moitos partidos en Prados Vellos; destacando o envite do primeiro equipo para ó domingo. Analizamos con detalle a xornada:

 

 

MODESTOS: Reciben na 16ª xornada da 2ª Autonómica o Rosalía de Vilaboa. No primeiro partido da segunda volta visita Prados Vellos un rival rocoso que intentará sumar para ampliar distancias coa parte baixa. O Numancia deberá estar moi concentrado e acertado para vencer a un rival que conseguiu roubarnos dous puntos na primeira xornada. Desta vez, co apoio incondicional da Marea Vermella estamos seguros de que o noso equipo sairá vitorioso neste envite e comezará a segunda volta mirando hacia o mais alto da clasificación. Cita obrigatoria o próximo domingo a partir das 16:30 (da tempo á sobremesa) en Prados Vellos. ¡¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡Instante partido de ida R. de Neda - Numancia (14/09/2013)

XUVENÍS: Reciben na 18ª xornada o Rápido de Neda, adestrado polo pai do xogador numantino Isaías. Agardemos que o coñecemento do Rápido de Neda sobre ó noso equipo non faga efecto; e así poder os nosos xuvenís conseguir unha vitoria que certifique a melloría do equipo nestas últimas xornadas. Poderemos comprobalo o próximo sábado a partir das 16:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes a cita cos xuvenís¡¡¡

CADETES: Visitan na 6º xornada de Liga a un rival directo como ó Cedeira. Os cadetes intentarán resarcirse da derrota da pasada xornada. Para iso terán que vencer a un dos equipos que como ó Numancia aspira a estar na zona nobre da clasificación. Terán que madrugar ó domingo para intentar conquistar O Beco; como xa fixeron na competición de Copa. Cita para os cadetes o domingo as 11:00 en Cedeira.

INFANTÍS: Reciben na 6ª xornada de Liga a visita do Racing San Pedro. Os infantís intentarán conseguir a vitoria ante un dos rivais da sua Liga; para así confirmar as boas sensacións destas primeiras xornadas de 2014. Cita obrigada cos infantís do Numancia o sábado ás 11:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Prohibido fallar¡¡¡

FÚTBOL - 8: As tres categorías de fútbol - 8 xogan o venres. Os alevíns visitan Caranza para xogar co Galicia de Caranza "B" ás 19:00. As 18:00 Numancia e SD O Val xogarán un bonito partido de benxamíns en Prados Vellos. Os prebenxamíns visitan o campo de O Cadaval para xogar ante o Narón "B" a partir das 17:30 en Piñeiros.

BIBERÓNS: Nova xornada do Torneo de fútbol - 6 de AFACO. Numancia e As Pontes buscarán divertirse e agradar os aficionados que se acheguen o venres a partir das 18:30 ó Pavillón de Ares. ¡¡¡Unha terapia moi recomendable¡¡¡

En resumo, bonita xornada con moito fútbol en Prados Vellos. Partido importante para o primeiro equipo con fin de empezar ben a segunda volta. Xuvenís e infantís agardemos que sigan na línea de mellora e os cadetes que rindan a gran altura que nos teñen acostumados. Os de fútbol - 8 e biberóns chéganos de sobra con que o pasen ben. ¡¡¡Que non se lastime ninguén¡¡¡

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Cedeira, Caranza, Narón ou no pavillón de Ares.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.