ITV: FIN DE SEMANA DO 20 AO 22 DE DECEMBRO DO 2013

ATA SEMPRE, 2013.

Última xornada do ano na que os distintos equipos do Numancia obtiveron todo tipo de resultados. Analizamos a xornada e tamén en que situación quedan os distintos equipos unha vez rematado o 2013:

 


 


MODESTOS: Empate nun partido compricado e de moita loita en Narahío. Finalizan 2013 en 7ª posición; coa ilusión de mirar e loitar por estar na zona mais alta en maio de 2014. ¡¡¡A SEGUIR LOITANDO¡¡¡

XUVENÍS: Nova derrota; esta vez en San Sadurniño. Non foi un bo final de ano para os xuvenís numantinos, que rematan o 2013 na 12ª posición. Sabedores da calidade, compromiso e sacrifico semanal dos xogadores xuvenís do Numancia estamos seguros que en 2014 irán hacia arriba e terminarán a longa temporada con bo sabor de boca. ¡¡¡ÁNIMO RAPACES¡¡¡XUVENIS: Gol de Marcelo fronte o San Sadurniño. A Piscina (21/12/2013)

CADETES: Venceron sen excesivos problemas o Cultural Maniños en Prados Vellos. Logo de tres xornadas de Liga ocupan a 3ª posición. No 2014 loitarán por todo na competición de Liga e xogarán a final de Copa no mes de maio. Un equipo cadete que xunto co de modestos é o que xenera mais ilusión para os numantinos nesta temporada. ¡¡¡NORABOA RAPACES¡¡¡

INFANTÍS: Foron claramente superados en As Pontes polo equipo local. Tras 3 xornadas disputadas ocupan a última posición da liga. No 2013 conseguiron clasficarse para xogar a liga cos mellores equipos da comarca. No 2014 loitarán nesa mesma liga por dar moitas sorpresas e ledicias a parroquia numantina. ¡¡¡PÓDESE¡¡¡

FÚTBOL - 8: Pleno de vitorias no fútbol - 8 en Prados Vellos. Os alevíns venceron o Rápido de Neda. Os benxamíns derrotaron o CD As Pontes "B". Por último os prebenxamíns venceron ó Ánimas. Resultados que pouco nos importan no fútbol - 8. Un fútbol -8 numantino que termina 2013 con saude e con moitos nenos practicando deporte de iniciación e facendo amigos semana tras semana. ¡¡¡Noraboa a tod@s e a seguir disfrutando en 2014¡¡¡

BIBERÓNS: A nova xeración de biberóns numantinos segue disfrutando das competicións da AFACO neste 2013. En 2014 terán que seguir aprendendo xa que algúns deles cambiarán de categoría a final de temporada.

En resumo, unha última xornada de ano que deixa a todos os equipos do Numancia con boa saude e ben situados para cumprir os seus obxectivos na primavera de 2014. Agora é momento de recargar as pilas para volver con enerxías e ilusións renovadas nas primeiras semanas de 2014.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2014¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.