ITV: FIN DE SEMANA DO 13 AO 15 DE DECEMBRO DO 2013

Numancia de Ares ADR. ITV fin de semana do 13 ao 15 de decembro do 2013.TOCA FACER EXAMES DE RECUPERACIÓN

Penúltima fin de semana de decembro para os equipos numantinos que, agás os cadetes, colleitaron malos resultados no fútbol - 11. Analizamos a xornada:

 

 

 

MODESTOS: Perderon na casa ante un rival directo como o ADC Capela. Pese a que as sensacións foron boas, escapáronse tres puntos importantes. Haberá que seguir loitando para rematar este 2013 na zona nobre da 2ª Autonómica.

XUVENÍS: Foron superados en Prados Velllos polo Galicia de Caranza "B". Non terminan de atopar regularidade estos xuvenís, agardemos que cando menos acaden a vitoria no último partido do ano.Prebenxamíns do Numancia en Miño

CADETES: Resarcíronse da derrota na primeira xornada ante o Meirás vencendo a domicilio a outro dos equipos fortes da liga, o Racing de Ferrol "B". Agardemos tamén que o último partido de 2013 sexa positivo para acabar o ano nas primeiras posicións.

INFANTÍS: Loitaron ante un SD O Val que foi superior a eles en Prados Vellos. Os infantís siguen progresando a pesar de ter que loitar semana a semana cos mellores equipos da categoría.

FÚTBOL - 8: Comezou a Liga en prebenxamís e alevíns con derrotas para os nosos. Os prebenxamíns xogaron ben aínda que sen premio en Miño. Os alevíns caeron derrotados en Aneiros ante o Portuarios "B". Os benxamíns venceron ante o Eume "B" a domicilio. Os equipos de fútbol - 8 seguen acumulando minutos e aprendizaxes; sen ningún tipo de contratempo extradeportivo.

BIBERÓNS: Comezaron a Liga AFACO de fútbol - 6 en pista cun bonito partido ante os compañeiros de Cabañas no pavillón de San Martín do Porto.

En resumo, non foi unha boa xornada en canto a resultados para o Numancia. Esta semana haberá que preparar como na escola os exames de recuperación. A próxima semana daremos as notas do trimestre; agardemos que na última fin de semana todos os equipos suban nota.

O xoves faremos a previa da fin de semana, onde destaca a difícil visita dos modestos o domingo o campo de Narahío.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.