PREVIA: FIN DE SEMANA DO 29 DE NOVEMBRO AO 1 DE DECEMBRO.

EN BUSCA DA FINAL DE COPA

Os diferentes equipos do Numancia despiden este fin de semana o mes de novembro. O domingo os modestos inaguran o mes do Nadal. E que mellor regalo anticipado de Nadal que o pase a final de Copa dos cadetes. Analizamos con detalle a xornada desta fin de semana:

 



MODESTOS: Reciben en Prados Vellos na 10ª xornada de competición ó Ánimas de Ferrol; equipo situado na zona media da clasificación. Os numantinos intentarán vencer neste partido para encadenar duas vitorias consecutivas que lle permitan recortar distancias cos dous primeiros clasificados. Partido importante para seguir soñando. Marea Vermella o domingo en Prados Vellos a partir das 16:15. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡Celebración dun gol do equipo de cadetes (23/11/2013)

XUVENÍS: Reciben ao igual que os modestos tamén o Ánimas en Prados Vellos. Partido entre dous equipos da zona media da clasificación. O Numancia buscará a vitoria para levantar cabeza e de paso escalar postos na clasificación. Cita cos xuvenís o sábado a partir das 16:15 en Prados Vellos.

CADETES: A Marea Vermella ten que madrugar o sábado e desprazarse ata o campo de herba artificial de A Gándara. Alí a partir das 10:00 o Numancia de Ares cadete xoga ante o Racing San Pedro buscando o pase a final de Copa. ¿Como conseguilo? Facendo o mesmo número de puntos que o Cedeira; que xoga a mesma hora en Maniños; aínda que en caso de vitoria de Numancia e Cedeira os numantinos deberán vencer por 4 goles mais de diferencia que o Cedeira en Maniños. ¿Por qué non? Co apoio da Marea Vermella o soño dos cadetes será moito mais fácil. ¡¡¡¡PODEMOS¡¡¡ ¡¡¡Non faltedes¡¡¡ Sábado as 10:00 na Gándara.

INFANTÍS: Última xornada de Copa onde os infantís do Numancia visitan a EF Galicia de Caranza o venres a partir das 17:30 no Municipal de Caranza co obxetivo de acumular minutos e rodaxe de cara a competición ligueira que comeza a próxima semana.

FÚTBOL - 8: Alevíns e prebenxamíns descansan namentras agardan polo comezo da segunda fase da Liga. Os benxamíns xogan a 2ª xornada do grupo 2 de Liga ante o Portuarios "B" en Aneiros - Serantes o sábado a partir das 10:45.

BIBERÓNS: Disfrutarán dunha nova xornada do Torneo AFACO de fútbol - 8 visitando o Rápido de Neda o venres a partir das 17:30.

En resumo, xornada bonita na que o protagonismo é para os cadetes que buscan un soño; xogar a final de Copa alá polo mes de maio. Agardemos tamén que os xuvenís reaccionen e que os modestos se instalen dunha vez por todas na zona mais alta da 2ª Autonómica. ¡¡¡Vémonos nos campos da comarca e como non en Prados Vellos este fin de semana¡¡¡

¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.