ITV: FIN DE SEMANA DO 22 AO 24 DE NOVEMBRO DE 2013.

FIN DE SEMANA DE CONFIRMACIÓN

Nova fin de semana de competición para os distintos equipos do Numancia. Modestos e cadetes confirmaron as súas candidaturas. Os infantís confirmaron a sua melloría; namentras que os xuvenís confirmaron o seu mal momento. Analizamos:

 

 

 

MODESTOS: Vitoria bonita e sufrida en Caranza ante un rival directo. Tres puntos moi necesarios para sair da mala dinámica das últimas xornadas e para seguir nos postos altos da clasificación.

XUVENÍS: Sairon goleados na sua visita as instalacións de A Gándara para xogar ante o Ensanche. Non estan os xuvenís no seu mellor momento da temporada. Sabemos que hay calidade e mimbres de sobra neste equipo para mirar hacia diante. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡Celebración dun gol dos de Ares no partido fronte o G. Caranza (25/11/2013)

CADETES: Victoria e goleada ante o Portuarios "B" en Prados Vellos para seguir soñando coa final de Copa. ¿Por qué non?

INFANTÍS: Partido serio e de bo nivel dos infantís ante o CD San Sadurniño para confirmar a melloría das últimas semanas.

FÚTBOL - 8: Os alevíns remataron a fase previa da Liga caendo ante o R. Ferrol "C" en A Malata. Os benxamíns iniciaron a 2ª fase da liga do Grupo 2 vencendo na casa ao SD Val "B". Os prebenxamíns descansaron. Xornada tranquila sin lesións nin incidentes no fútbol - 8. Imos mellorando.

BIBERÓNS: Nova xornada do Torneo AFACO na que recibiron ao Cultural Maniños en Prados Vellos. Unha festa na tarde do venres na que os NENOS disfrutaron moito. Iso é o único importante.

En resumo, unha xornada na que o Numancia chega ó notable e pasa a ITV sen dificultades. Haberá que seguir traballando para chegar a excelencia en todas as categorías. A maquinaria de Prados Vellos non ten parada de luns a venres. ¡¡¡A traballar¡¡¡

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde destaca o decisivo partido dos cadetes a domicilio ante o Racing San Pedro e a visita do Ánimas a Prados Vellos nunha nova xornada da 2ª Autonómica.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.