ITV: FIN DE SEMANA DO 22 AO 24 DE NOVEMBRO DE 2013.
FIN DE SEMANA DE CONFIRMACIÓN
Nova fin de semana de competición para os distintos equipos do Numancia. Modestos e cadetes confirmaron as súas candidaturas. Os infantís confirmaron a sua melloría; namentras que os xuvenís confirmaron o seu mal momento. Analizamos:
MODESTOS: Vitoria bonita e sufrida en Caranza ante un rival directo. Tres puntos moi necesarios para sair da mala dinámica das últimas xornadas e para seguir nos postos altos da clasificación.
XUVENÍS: Sairon goleados na sua visita as instalacións de A Gándara para xogar ante o Ensanche. Non estan os xuvenís no seu mellor momento da temporada. Sabemos que hay calidade e mimbres de sobra neste equipo para mirar hacia diante. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡
CADETES: Victoria e goleada ante o Portuarios "B" en Prados Vellos para seguir soñando coa final de Copa. ¿Por qué non?
INFANTÍS: Partido serio e de bo nivel dos infantís ante o CD San Sadurniño para confirmar a melloría das últimas semanas.
FÚTBOL - 8: Os alevíns remataron a fase previa da Liga caendo ante o R. Ferrol "C" en A Malata. Os benxamíns iniciaron a 2ª fase da liga do Grupo 2 vencendo na casa ao SD Val "B". Os prebenxamíns descansaron. Xornada tranquila sin lesións nin incidentes no fútbol - 8. Imos mellorando.
BIBERÓNS: Nova xornada do Torneo AFACO na que recibiron ao Cultural Maniños en Prados Vellos. Unha festa na tarde do venres na que os NENOS disfrutaron moito. Iso é o único importante.
En resumo, unha xornada na que o Numancia chega ó notable e pasa a ITV sen dificultades. Haberá que seguir traballando para chegar a excelencia en todas as categorías. A maquinaria de Prados Vellos non ten parada de luns a venres. ¡¡¡A traballar¡¡¡
O xoves faremos a previa do fin de semana; onde destaca o decisivo partido dos cadetes a domicilio ante o Racing San Pedro e a visita do Ánimas a Prados Vellos nunha nova xornada da 2ª Autonómica.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡