XANTAR EN STª CATALINA
O sábado 30 de maio terá lugar o xa tradicional xantar para todo o fútbol-7 do Numancia. Este evento celebrarase no mosteiro de Santa Catalina a partir das 13.30 h.. . Coma en anos anteriores, despois do xantar os nenos e os seus pais poderán xogar no campo de fútbol anexo.
Todas aquelas familias que desexen participar nesta xuntanza deben comunicalo na secretaría do club, antes do mércores, 27 de maio.
O menú consistirá en : tortilla, churrasco, empanada, pizza e postre.
O prezo por familia é de 20 euros.