PREVIA: FIN DE SEMANA DO 8 AO 10 DE NOVEMBRO.

DESPRAZAMENTOS COMPRICADOS, CON "DERBI" INCLUÍDO

Comeza esta fin de semana un novo mes de competición par os distintos equipos do Numancia. Modestos  e xuvenís teñen desprazamentos compricados, namentras que cadetes e infantís xogan en Prados Vellos. Analizamos.

 


MODESTOS: Visitan na 7ª xornada de Liga a un dos favoritos, o San Mateo que de momento non está cumprindo as expectativas creadas. Os numantinos logo dun bo inicio ligueiro, empañado polas dúas últimas derrotas intentarán en Trasancos volver a boa senda das victorias ante un rival tamén ferido. Duelo de titanes o domingo as 16:15 no campo de Trasancos en San Mateo. Un encontro na que a Marea Vermella do Numancia está obrigada a acompañar aos xogadores nun dos campos mais difíciles da categoría. ¡¡¡A San Mateo tod@s¡¡¡

XUVENÍS: Chega o derbi na 9ª xornada de Liga. Logo da inxección de moral que supuxo para os xuvenís a "manita" ó Narón a pasada fin de semana; intentarán derrotar ó líder da competición, o Galicia de Mugardos. Rivalidade e oportunidade para auparse ós postos nobres da clasificación. ¿Quén da mais? Será un bonito derbi xuvenil no anexo de A Pedreira o venres a partir das 18:00 onde agardemos que a deportividade prime por enriba de todo. ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡Instante partido Numancia - Mugardos "Trofeo Porta do Sol" (07/09/2013)

CADETES: Reciben na 8ª xornada de Copa o equipo do AD Miño, situado na parte baixa da táboa. Necesitan vencer e tamén comezar a mirar o tema do golaverage para continuar no liderato e manter intactas as opcións de xogar a final de Copa. Temos tod@s unha cita cos cadete o sábado as 16:30 en Prados Vellos.

INFANTÍS: Reciben na 10ª xornada de Copa o equipo do EF Ensanche de Ferrol. Un rival situado na zona baixa da clasificación ante o que os nosos infantís intentarán volver a boa senda de bo xogo e das victorias. Será o sábado as 11:00 en Prados Vellos cando os infantís reclamen o noso apoio.

FÚTBOL - 8: Os alevín xogan ante o Eume "B" o venres as 18:15 en Pontedeume nun partido que promete ser igualado. Os benxamíns madrugan demasiado o sábado para visitar ó Cariño que comanda o grupo as ¡¡¡10:30¡¡¡. Os prebenxamíns non madrugan tanto pero tamén viaxan ata Cedeira para visitar ó Cedeira ás 12:00 nun partido dos que sempre gusta xogar.

Esta fin de semana toca pedir un pequeno esforzo para a Marea Vermella. Ademais de subir o sábado a Prados Vellos deberá invadir Mugardos o venres e San Mateo ó domingo para arropar a xuvenís e modestos, respectivamente. Os equipos de fútbol - 8 sabemos que viaxan sempre ben acompañados. Que non se lastime nin expulsen a ninguén e a poder ser que os resultados e a Marea Vermella acompañen nesta intensa e bonita fin de semana numantina.

¡¡¡O Numancia somos todos¡¡¡

O martes pasaremos nota e miraremos se os equipos do Numancia pasaron a ITV.

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.