ITV: FIN DE SEMANA DO 28 DE OUTUBRO AO 3 DE NOVEMBRO.

DE TODO COMO EN BOTICA

Dende a segunda derrota consecutiva dos modestos, pasando pola golpe enriba da mesa dos xuvenís; de todo tivemos na primeira fin de semana de novembro nos distintos partidos disputados polos nosos equipos. Analizamos.

 

 

MODESTOS: Segunda derrota da tempada, esta vez na casa ante o Rápido de Neda. Non foi a mellor tarde dos nosos futbolistas, que pese a estas duas derrotas continuan na zona alta da clasificación. ¡¡¡Toca reaccionar¡¡¡

XUVENÍS: ¡¡¡EXPLOSIÓN¡¡¡Despertaron os xuvenís do letargo dos habituais empates desta temporada. A mellor forma de facelo foi endosándolle unha "manita" a un dos favoritos como é o Narón Balompié. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡A.D.R. Numancia de Ares. Juveniles 2013-2014. Numancia, 5 - Narón, 1. Prados Vellos.

CADETES: Venceron nun partido discreto en Neda para auparse ó liderato do grupo da competición de Copa.

INFANTÍS: Mal partido dos infantís en Narón onde se viron superados en todo momento polo gran conxunto local. Queda seguir traballando. 

FÚTBOL - 8: Pleno de victorias (nada importantes nestas categorías) Na festa do fútbo na mañá do sábado en Prados Vellos os alevíns vencían o Perlío "B", os benxamíns o Galicia de Caranza "C" e os numerosos prebenxamíns o Rápido de Neda "B". Non houbo lesións nin comportamentos andideportivos,polo que foi unha fin de semana para o fútbol - 8, novamente.

En resumo, semana aceptable en canto a resultados para ó Numancia, na que pasamos a ITV aínda que con algunha falta leve que intentaremos arreglar para a vindeira fin de semana.

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde destacan o derbi de xuvenís, G. Mugardos - Numancia o venres e a visita do primeiro equipo a San Mateo ó domingo.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.