PREVIA: FIN DE SEMANA DO 1 AO 3 DE NOVEMBRO
OS FAVORITOS VISITAN PRADOS VELLOS
Comeza esta fin de semana un novo mes de competición para os distintos equipos do Numancia. Agardemos que sexa un mes tan bo como o anterior; exceptuando o último fin de semana. Analizamos a continuación os partidos que nos agardan na ponte festiva:
MODESTOS: Reciben na 6ª xornada de Liga a outro dos equipos chamados a loitar polo ascenso de categoría. Un Rápido de Neda que conta con individualidades como Agustín na portería ou Alberto Fornos na dianteira. Un bo conxunto que medirá de novo o nivel do noso xoven equipo. Nova oportunidade para demostrar que este Numancia aspira a todo nesta temporada e para resarcirse da última derrota en As Pontes. Será o domingo as 16:30 en Prados Vellos estando totalmente prohibido para a Marea Vermella faltar a esta cita. ¡¡¡PODEMOS¡¡¡
XUVENÍS: Xogan como locais na 8ª xornada de Liga ante o líder da categoría, o Narón Balompé. Os nosos xuvenís logo dun comezo irregular de temporada seguen buscando ese punto de inflexión que lles permita escalar ata as primeiras posicións da clasificación. ¿Pinchará o líder en Prados Vellos? Calidade teñen de sobra os nosos xuvenís para conseguilo. Será o sábado as 16:30 en Prados Vellos e co apoio de todos será moito mais fácil.
CADETES: Visitan na 7ª xornada de Copa o colista do grupo, o Rápido de Neda. Non poden confíarse os numantinos nesta visita a terras nedenses, xa que nun mal día na oficina poden escaparse puntos. Estamos seguros que os cadetes estarán a altura en Neda e seguirán nos postos altos da clasificación unha semana mais. O partido será o sábado as 16:30 no Municipal de Neda.
INFANTÍS: Serán os mais madrugadores da fin de semana viaxando o venres ás 12:00 ata Piñeiros para xogar no campo de O Cadaval ante o Narón en partido correspondente a 9ª xornada de Copa. Difícil desplazamento para os infantís que visitan a un dos equipos da zona alta. ¿Haberá sorpresa? Por ilusión e traballo non será....
FÚTBOL - 8: Nova festa do fútbol - 8 en Prados Vellos. Desta vez e longo do cambio de horario a festa trasládase a mañá do sábado. As 10:00 os alevíns reciben ó Perlio "B". As 11:00 os benxamíns mídense o Galicia de Caranza "C". Pechan a festa do fútbol - 8 os prebenxamíns numantinos recibindo o Rápido de Neda "B" a partir das 12:00 do mediodía. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
Como podedes observar, gran fin de semana de fútbol para o Numancia. Prados Vellos ten que estar cheo de xente esta fin de semana para disfrutar dos mais pequenos e tamén para animar a xuvenís e modestos nos seus compricados partidos. ¡¡¡¡O Numancia agárdavos¡¡¡¡ Vémonos en Prados Vellos.
O martes pasaremos nota e miraremos se os equipos do Numancia pasaron a ITV.
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡