O torneo do Numancia de Ares congregou a preto de 300 nenos

Escudo Numancia As categorías de base convertéronse nas grandes protagonistas de moitos dos torneos de fútbol 7 que nas últimas semanas tiveron á comarca como escenario. O máis recente, o organizado polo Numancia en colaboración co Concello aresano, que reuniu nesta vila a case 300 nenos procedentes de nove clubs de Ferrolterra.

Os participantes agrupáronse en catro categorías -biberóns, prebenjamín, benjamín e alevín-, dirimindo desde o luns até o venres a fase previa en cada unha delas, e o propio venres e o sábado polas mañás as respectivas finais. O cadro anfitrión, o Numancia, proclamouse campión na categoría alevín, despois de superar ao Amistade Meirás por 4-1. No resto de grupos de idade, o Galicia de Mugardos derrotou ao Galicia de Caranza por 3-1 en benjamines, mentres que en biberóns o Ánimas superou ao Numancia. Pero, sen dúbida, o encontro máis parello foi o de categoría prebenjamín, no que Narón e Perlío empataron a catro tantos. Na quenda de penaltis, foi o conxunto naronés o máis resolutivo, o que lle permitiu facerse co título.

Posto que a proba tiña un afán máis deportivo que competitivo, non se entregaron trofeos aos gañadores, senón medallas de recordo a todos os nenos participantes neste torneo punteiro na comarca.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.