ITV: FIN DE SEMANA DO 25 AO 27 DE OUTUBRO.

PRIMEIRO SUSPENSO DA TEMPORADA

Malos resultados e mala imaxe da maioría dos equipos do Numancia nos distintos partidos da pasada fin de semana. Analizamos... con sinceridade:

 

 

MODESTOS: Chegou en As Pontes a primeira derrota da temporada ante un As Pontes "B" que tamén aspira a estar nos postos altos da tabóa. Derrota con polémica e expulsións que siguen mermando o equipo numantino semana tras semana. Pese a esta derrota os numantinos contínuan na zona noble da clasificación. Toca semana de reflexión antes de recibir a outro dos favoritos, o Rápido de Neda en Prados Vellos.

XUVENÍS: Non serviron os tres goles anotados a domicilio para vencer en Miño, xa que o equipo local marcou catro. Bo partido de todas formas dos xuvenís en Gallamonde pese a derrota. Con esa entrega e compromiso a bo seguro que chegarán as vitorias.

CADETES: Sucumbiron nos últimos minutos en Prados Vellos ante o Galicia de Caranza "B". Derrota dura que debe servir paInstante do partido de infantís Numancia - Eume (26/10/13)ra confirmar que hai que estar sempre a un nivel alto en todos os partidos para loitar polos obxetivos mais ambiciosos nesta temporada. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡¡

INFANTÍS: Loitaron durante gran parte do partido ante un bo equipo como o Eume Deportivo que finalmente impuxo a sua maior pegada para levarse o partido con autoridade. Bo traballo dos infantís que deberán seguir traballando para acadar o seu máximo nivel.

FÚTBOL - 8: Alevíns e prebenxamíns caeron derrotados na Gándara na tarde do venres ante Ánimas "B" e Racing San Pedro. Os benxamíns vencían en Atios o Amistade Meirás. Nova fin de semana para acumular minutos e aprendizaxe, sen lesións nin incidentes extradeportivos.

BIBERÓNS: Gozaron o venres dunha tarde de fútbol, diversión e convivencia cos compañeiros do Eume Deportivo. Os mais pequenos do Numancia continuan acumulando experiencias.

Semana negra en canto a resultados. Nota da ITV, suspenso rotundo. Toca semana de taller en Prados Vellos; toca mirar ben o cerebro numantino (sobrecalentamiento) para mellorar a imaxe; ademais da posta a punto do motor para rendir mellor e das rodas para non patinar nos distintos campos mollados de toda a comarca. ¡¡¡A traballar¡¡¡

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde esperamos que os equipos do Numancia regresen a boa senda que nos tiñan acostumados.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.