ITV: FIN DE SEMANA DO 18 AO 20 DE OUTUBRO
FIN DE SEMANA DE INFARTO
Boa fin de semana en líneas xerais para os equipos do Numancia. Dúas vitorias e dous empates que deixan boas sensacións.... nalgúns casos un tanto agridoces. Analizamos:
Ares, 22 de outubro do 2013
MODESTOS: Golpe enriba da mesa da 2ª Autonómica. O Numancia presentou en tempo e forma a súa candidatura a estar nos poltos altos da competición. Derrotou a un dos favoritos, o bo equipo do Ortigueira CF. Mantendo este gran nivel de xogo e compromiso e tendo un pouco mais de cabeza este xoven equipo pode dar moitas ledicias nesta temporada a parroquia numantina.
XUVENÍS: Expediente X. Novo empate para os xuvenís numantinos, o cuarto en seis xornadas. Boas sensacións ante o Eume Deportivo en Prados Vellos e mala sorte coas lesións de Iván e Andrés Novoa. ¡¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡
CADETES: Venceron sen demasiados apuros nos Pinares ó Perlío. Siguen no pódium da clasificación loitando xornada a xornada por acceder o primeiro posto que permite xogar a final de Copa.
INFANTÍS: Pouco premio para o seu bo partido en Mugardos. Trouxeron un empate co que levan xa tres partidos sen perder. Seguen mellorando as sensacións de este renovado grupo de rapaces de categoría infantil.
FÚTBOL - 8: Nova festa do fútbol - 8 en Prados Vellos a do pasado venres; aínda que esta vez estivo pasada por auga. Os prebenxamíns do Numancia e Racing disputaron un bo partido no que terminaron como pulpos. Os benxamíns atoparon por fin a vitoria ante o Meirás. Tamén os alevíns venceron; tendo estos últimos a sorte de non mollarse tanto.
BIBERÓNS: Foron os mais listos da clase aprazando o seu partido en Cabañas. Son aínda moi pequenos estos biberóns para xogar ó fútbol entre barro e auga. Xa virán tempos mellores...
Esta semana seremos uns profesores esixentes e baixaremos a nota do Numancia a un BEN ALTO. Os resultados foron bos en líneas xerais... pero hai aspectos que se deben mellorar para non ter problemas no futuro. ¡¡¡Cabeza, traballo e paciecia¡¡¡
O xoves faremos a previa do fin de semana; onde destaca a visita dos modestos a As Pontes.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡