PREVIA FIN DE SEMANA DO 11 AO 15 DE OUTUBRO

SÁBADO DE FÚTBOL BASE EN ARES

Nova xornada de competición para TODOS os equipos do Numancia. Dicimos todos porque este fin de semana comezan tamén os biberóns polo que os 8 conxuntos federados do Numancia estarán en competición. Destaca este fin de semana unha bonita tarde de fútbol base cos infantís e cadetes xogando en Prados Vellos en sesión contínua.

 

 

MODESTOS: Na 3ª xornada terán que comer cedo para xogar ás 16:00 no campo de herba artificial de A Gándara ante o histórico e recién ascendido SD Bertón. Un equipo técnico, con algúns xogadores de calidade que intentará poñerlle as cousas difíciles no seu campo o noso Numancia. O domingo todos A Gándara para axudar ós nosos xogadores a sacar este partido adiante. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

XUVENÍS: Visitan na 5ª xornada de Liga o campo de Os Pinares para medirse a un Perlío que se atopa na zona media - baixa da táboa. Os numantinos intentarán seguir coa sua boa racha a domicilio para auparse dunha vez por todas a parte mais alta da tabla. Será o sábado as 17:30.

CADETES: Reciben na 4ª xornada de Copa a un complicado Ortigueira. Será o sábado ás 18:00 en Prados Vellos cando os xogadores numantinos intentarán vencer a un rival directo na loita por xogar a final copeira. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡Instante partido biberóns Barallobre - Numancia (temporada 2012 - 2013)

INFANTÍS: Despois da dósis de moral recibida en Meirás, inaguran a xornada de tarde en Prados Vellos o sábado as 16:30 recibindo o Rápido de Neda en partido correspondente a 6ª xornada de Copa. Partido importante para os infantís de cara a coller confianza e puntos. ¡¡¡Qué non falte ninguén¡¡¡

FÚTBOL - 8: Novas viaxes na tarde do venres para os tres conxuntos do Numancia. Os alevíns xogan ás 19:00 en A Malata ante un Racing de Ferrol moi aresán. Os benxamín teñen un longo viaxe ata Cedeira, onde xogan a partir das 18:00. Os prebenxamíns teñen o reto de xogar con nenos maiores que eles en Caranza ás 19:00 ante o Galicia de Caranza "B".

BIBERÓNS: O próximo martes 15 de outubro a partires das 17:30 volve a Liga AFACO de biberóns a Prados Vellos. Unha Liga extraoficial onde un conxunto biberón do Numancia moi renovado tentará facer as delicias e sacar as sonrisas e aplausos do respetable coa axuda dos seus amigos de toda a comarca. O martes será cos compañeiros da SD Barallobre. ¡¡¡Moi recomendable como medida anti - crise¡¡¡

Agardemos que todos os nosos equipos obteñan bos resultados e sobretodo que non se lastime ninguén.

Esperamos tamén ver moita xente o sábado pola tarde en Prados Vellos na festa do fúbtol base infantil e cadete.

O martes pasaremos nota e miraremos se os equipos do Numancia pasaron a ITV.

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.