CONCURSO DEBUXA O CARTEL: Gañadora

S.D.R. Numancia de Ares. Consurso debuxa o cartel.Begoña Muíño Sar, alumna de 4º curso de Primaria do CPI Conde de Fenosa, resultou gañadora do Concurso Debuxa o Cartel, convocado pola Concellería de Deportes do concello de Ares e o Numancia SDR.

Na mañá de hoxe, sábado 16 de maio, o sr. alcalde d. Julio Iglesias entregoulle un vale por valor de 60 euros a trocar en calquera establecemento de Ares en material deportivo. Ademais, o debuxo de Begoña ilustrará o cartel do III Torneo de Fútbol-7, I Memorial Pedro García Vilar.

Noraboa á gañadora e tamén aos demais participantes neste concurso. Con todos os debuxos presentados, organizarase unha exposición no local social do Numancia.

 

S.D.R. Numancia de Ares. Concurso Debuxa o Cartel. Gañadora

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.