ITV FIN DE SEMANA DO 27 O 29 DE SETEMBRO

APROBADO RASPADO.

Primeiro fin de semana pleno de competición para todas as categorías do Numancia. Tivemos un pouco de todo como en botica. Entramos en detalles:


 


Ares 1 de outubro do 2013.

MODESTOS: ¡¡¡Qué magoa¡¡¡ Un partido encarrilado ó descanso terminou finalmente en empate. Debut agridoce dos nosos na 2ª Autonómica en Vilaboa. Pero un punto é un punto e Vilaboa será un campo moi compricado para todos os equipos fortes da 2ª Autonómica.

XUVENÍS: Esaxerada vitoria dos nosos xuvenís ante o R. San Pedro. Agardemos que gardaran goles para os próximos partidos. Boa vitoria en A Gándara para situarse na zona alta da clasificación.Instante do partido dos xuvenís fronte o R. San Pedro.

CADETES: Vitoria moi importante dos cadetes en Cedeira ante un dos posibles rivais directos para loitar nos primeiros postos. Con valentía, coraxe e bo fútbol remontaron un resultado adverso nos últimos minutos. ¡¡¡Grandes rapaces¡¡¡

INFANTÍS: Despois de ir gañando 2 - 0 ante o Portuarios "B" ó descanso deixaron escapar o partido e perderon por 2 - 3. Unha pena porque mellorou a imaxe dun equipo que se púxo nervioso e non conseguiu cerrar o partido. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡

FÚTBOL - 8: Chegaron os primeiros viaxes para o fútbol - 8 do Numancia. O venres os alevíns molláronse en Narón, os escasos benxamíns levaron un baño en Caranza. O sábado os prebenxamíns déronse a coñecer en Ortigueira. Todos disfrutaron e non houbo lesións nin incidentes negativos. ¡¡¡Iso é o mais importante¡¡¡

Esta fin de semana aprobaremos a actuación dos distintos equipos cunha nota xeral de Aprobado (un 5). Ben os xuvenís e cadetes. Agardemos que os modestos collan o ritmo e que os infantís vaian recuperando sensacións.

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde teremos unha gran cantidade de partidos en Prados Vellos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.