ITV FIN DE SEMANA DO 20 0 22 DE SETEMBRO

MAIS LUCES QUE SOMBRAS

Primeira fin de semana de competición para todos os equipos da base numantina e co último partido "amigable" dos modestos en Mugardos. ¡¡¡Toca pasar nota¡¡¡¡

 



Ares 24 de setembro do 2013.

MODESTOS: Partido serio e ben traballado ante o Galicia de Mugardos "B" en A Pedreira. Soamente a falta de gol e de tranquilidade impediron a vitoria. Boa nota esta semana para os modestos.

XUVENÍS: Empate agridoce na casa ante o Cedeira na segunda xornada de Liga. A forma de empatar e o potencial coñecido deste equipo implica que non nos conformemos. ¡¡¡Queremos mais campións¡¡¡

CADETES: Cumpriron o pronóstico e venceron como locais con facilidade ó Cultural Maniños na primeira xornada de competición. Esta é a línea a seguir.

INFANTÍS: Dúas goleadas nas duas primeiras xornadas non deben desanimar a este novo grupo de rapaces de categoría infantil. De momento suspenden... pero estamos seguros que con traballo e mais sorte pronto darán alegrías. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡

FÚTBOL - 8: Comezaron as ligas dos alevíns, benxamíns e prebenxamíns cunha bonita tarde de fútbol - 8 en Ares o venres. Moitos nenos, goles, boas xogadas....Ausencia de incidentes nin lesións.... polo tanto boa nota para o fútbol - 8 na primeira semana de exame.

En definitiva, podemos dicir que este fin de semana o Numancia pasou a ITV ainda que terá que pasar polo taller de Prados Vellos e subsanar algunhas averías leves para mellorar o seu funcionamento.

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde xa teremos a todas as categorías do Numancia en competición; xa que por fin comeza a 2ª Autonómica para os modestos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.