COMPETICIÓNS 2013-14

SORTEOS EN CADETES E INFANTÍS

Este serán realizáronse os sorteos para a primeira fase da categoría infantil e cadete. En xuvenís haberá unha liga de 18 equipos.
 
Ares, 30 de xullo de 2013
 
Na reunión celebrada no local da delegación ferrolá, o delegado Manolo Mesa informou do plan de competición para a temporada 2013-14 nas distintas categorías. Estas son as conclusións referentes ás categorías nas que participa o Numancia:
 
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 5º
18 equipos: Eume, G. Mugardos, G. Caranza B, Narón, Perlío, Meirás, Cedeira, Neda, Portuarios, R. San Pedro, Numancia, Cariño, Miño, Ensanche, Ánimas, Maniños, San Sadurniño e Val B.
A liga comezará o 15 de setembro e rematará o 18 de maio. Finalizando a liga disputarase a copa, en eliminatorias a partido único ata semifinais.
 
PRIMEIRA AUTONÓMICA CADETE. GRUPO 4º e 5º
Realizouse un sorteo para confeccionar dous grupos de 11 equipos. O campión de cada grupo disputará a final de Copa, que se celebrará o 25 de maio. Así mesmo, os cinco primeiros clasificados de cada grupo, xunto co mellor sexto, integrarán o grupo 4º. O resto dos equipos disputará o Torneo delegación de Ferrol.
Este foi o resultado do sorteo:
GRUPO 1: G. Mugardos, Maniños, Perlío, Cedeira, Neda, Portuarios B, R. San Pedro, Numancia, Miño, Ortigueira e G. Caranza B.
GRUPO 2: R. Ferrol B, As Pontes, Ánimas, Narón, Eume, Meirás, Val, Cebarca, San Sadurniño, Ensanche e Amistade Meirás.
A primeira fase comezará o 22 de setembro e rematará o 1 de decembro.
A liga do grupo 4º e o Torneo “Delegación de Ferrol” comezan o 8 de decembro e finalizan o 18 de maio.
 
PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL. GRUPO 4º e 5º
Realizouse un sorteo para confeccionar dous grupos de 13 equipos. O campión de cada grupo disputará a final de Copa, que se celebrará o 25 de maio. Así mesmo, os seis primeiros clasificados de cada grupo integrarán o grupo 4º. O resto dos equipos disputará o Torneo delegación de Ferrol.
Este foi o resultado do sorteo:
GRUPO 1: Portuarios, Narón B, Maniños, Escola R. Ferrol, Amistade Meirás, R. Ferrol B, Cariño, R. San Pedro, As Pontes, Cedeira, Perlío, Val e Ortigueira.
GRUPO 2: Portuarios B, Narón, Meirás, Numancia, Ánimas, Miño, G. Mugardos, San Sadurniño, Neda, G. Caranza B, Eume, Escola G. Caranza e Ensanche.
A primeira fase comeza o 15 de setembro e finaliza o 1 de decembro (a 2ª xornada disputarase o mércores 18 de setembro).
Na segunda fase, o grupo 4º comezará a súa competición o 8 de decembro, rematando o 18 de maio.
O Torneo “Delegación de Ferrol”, á súa vez, constará de dúas fases:
1ª FASE: O 8 de decembro, aqueles equipos que non se clasificaran para o grupo 4º comezarán unha liga a unha volta divididos en dous grupos:
Grupo 1: os equipos clasificados de 7º, 8º e 9º, máis o mellor 10º.
Grupo 2: os equipos clasificados de 11º, 12º e 13º, máis o peor 10º.
Esta fase finaliza o 2 de febreiro.
2ª FASE: O 16 de febreiro comeza esta derradeira fase que rematará o 18 de maio, emparellándose os equipos en dous grupos, que disputarán unha liga a dúas voltas:
Grupo 1: os equipos clasificados na fase anterior nas posicións de 1º, 2º, 3º e o mellor cuarto.
Grupo 2: o resto dos equipos.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.