PLAN COMPETICIONAL 2013-14
MARTES, 30 DE XULLO, REUNIÓN NA DELEGACIÓN DE FERROL
Esta mañá recibiuse a seguinte comunicación da delegación ferrolá de fútbol:
O vindeiro martes, 30 de xullo celebraremos unha reunión no local da delegación (Avd. da Paz) co fin de clarexar os formatos de competición nas diferentes categorías.
Ás 19.00 h. terá lugar a xunta que estableza o formato nas categorías de cadetes e infantís, mentres que ás 19.30 h. se discutirán os aspectos de competición referentes ás categorías de xuvenís, F-8 feminino e 3ª autonómica.
Tamén comunicamos que a partir do día de hoxe e como data límite ata o 19 de agosto, abrimos a inscrición de equipos de F-8 (alevíns, benxamíns e prebenxamíns).