CLAUSURA DO FÚTBOL - 8

 

UN BALÓN COAS SINATURAS DE VALERÓN, RICKI, ARANZUBÍA, JUAN DOMÍNGUEZ, PIZZI, ...

Quique Fernández Ocampo, xogador xuvenil do Deportivo e numantino de corazón, entregará o sábado en Sta. Catalina, o balón asinado polos xogadores do Depor.

Ares, 4 de xuño de 2013

Se onte informabamos do regalo do Celta, hoxe podemos comunicar que o Deportivo da Coruña tamén quere colaborar na festa de clausura do F-8 do Numancia, entregando un balón asinado polo plantel do primeiro equipo coruñés. Outro agasallo para os nenos do club que suban o sábado a Sta. Catalina e que recibirán de mans de Quique, unha das xoias da canteira aresá, actualmente no equipo herculino. 

A ADR Numancia quere agradecer publicamente a colaboración do RCD de A Coruña, en maior medida nestes momentos dolorosos para toda a familia deportivista. Sen dúbida algunha que van saber levantarse e regresar á categoría de elite do noso fútbol.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.