PREMIOS VOLTAARIA 2013
MARCOS AMOR E ALEX PITA, NOMEADOS PARA OS PREMIOS "VOLTAARIA 2013"
O pasado luns 27 de maio, tivo lugar nas oficinas da Delegación de Fútbol de Ferrol o reconto de votos para coñecer os nominados que optan aos premios "VOLTAARIA 2013".
O adestrador do equipo xuvenil do Numancia de Ares Marcos Amor, e o xogador xuvenil Alex Pita, son dous dos candidatos nomeados aos premios voltaaria, o primeiro como mellor adestrador xuvenil, e o segundo como mellor xogador xuvenil, respectivamente.
Os premios entregaranse no transcurso dunha Gala que se celebrará no Pazo dá Cultura de Narón, o próximo venres 7 de xuño a partir das 20:30 horas.
Na devandita gala tamén se entregaran os premios a todos os campións de liga comarcais en cada unha das súas categorías, entre os cales se encontra o equipo PREBENXAMIN do Numancia, como campión do Grupo 2º.
Noraboa a todos os nomeados, e sorte para Marcos e Alex.
Para ver os nomeados aos premios nas diferentes categorías PICA AQUÍ.
Para ver os equipos premiados nas diferentes categorías PICA AQUI.