ROSALÍA EN PRADOS VELLOS

Rosalía de Castro. Imaxe da web da Fundación Rosalía de Castro.RAÚL PEREZ INTERPRETARÁ A "ALBORADA" DE ROSALÍA
Seguindo as suxestións da AELG e da Fundación Rosalía de Castro, mañá, domingo 24 de febreiro, data na que se celebra o aniversario do nacemento da escritora galega, Prados Vellos homenaxeará á autora da primeira obra escrita e publicada integramente na nosa lingua, un libro que marcou a recuperación da literatura galega e que este vindeiro 17 de maio “cumprirá” 150 anos. 

Rosalía e os seus “Cantares Gallegos” serán tamén os protagonistas na tarde do domingo a través da música. Poderemos escoitar os poemas rosalianos musicados por Amancio Prada  así como ler os seus textos nunha pequena exposición colocada na cantina. Ademais, Raúl Pérez, gaiteiro de Ares, interpretará a “Alborada” de Rosalía durante o descanso do partido entre o Numancia e o Narahío.

web da Fundación Rosalía de Castro

web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.