CAMPUS DE VERAN FUNDACION CELTA DE VIGO

ADR Numancia de Ares. Campus de verán fundación Celta de Vigo.Por terceiro ano consecutivo, entre os días 16 e 21 de xullo, e en horario matinal, levarase a cabo no campo de fútbol de Prados Vellos (Ares) o campus de verán Fundación Celta de Vigo 2012.

 

 

Os destinatarios desta iniciativa son os nenos e nenas de 4 a 16 anos. Cada participante recibirá unha equipación completa de adestramento do Celta de Vigo e participará durante seis días nunhas xornadas nas que poderá mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade, xogando e divertíndose tendo o balón como elemento común. En cada xornada os nenos/as recibirán a media mañá un tentempé

O prezo é de 160 euros para os participantes de fóra de Ares e de 120 para os empadroados neste municipio, xogadores das categorías inferiores da ADR Numancia de Ares, ou aboados ao Celta de Vigo e/ou a Fundación. Ao igual que en anos anteriores, contémplanse deduccións para inscripcións familiares, de xeito que, no caso de que participen varios irmáns, sexan ou non de Ares, terán a maiores un desconto.

As inscipcións deberán formalizarse no teléfono 902 104 404 ou na dirección www.fundacioncelta.com, de donde se poderá baixar a folla de inscripción..


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.