XIII ENCONTROS DE NADAL (MUGARDOS). XORNADA FINAL.

ADR Numancia de Ares. XIII Encontros de Nadal (Mugardos). Xornada final. 30/12/11.¡¡¡GRAZAS A TOD@S¡¡¡

Na tarde do venres 30 de decembro tivo lugar a xornada final dos ENCONTROS DE NADAL CONCELO DE MUGARDOS 2011. Nesta última xornada, os prebenxamíns e os biberóns do Numancia xogaron cadanseu partido. Estes foron os envites que desputaron os numantinos:


NUMANCIA DE ARES, 3 - EUME DEPORTIVO, 0 (prebenxamíns)

NUMANCIA: Miguel, Óscar, Marcos Margharetto, Diego, Martín, Iván, Martina e Lucas.

Foi un partido de claro dominio numantino. Co paso do tempo chegaron os goles para os de Ares que se levaron a vitoria final, acadando finalmente a 7ª posición neste Torneo de Nadal de Mugardos.

Bo papel dos prebenxamíns do Numancia neste Torneo, poñendo por diante o reparto de minutos entre os 15 xogadores do plantel, por enriba do aspecto meramente competitivo.

NUMANCIA DE ARES, 6 - RÁPIDO DE NEDA, 2 (biberóns)

NUMANCIA: Juan, Isma, David, Brais, Axel, Xerar, Hugo, Ángel, Lucas e Dani.

Disputaba o Numancia biberón a final do Torneo. Máxima expectación nunhas bancadas cheas a rebosar e dispostas a gozar do espectáculo de dous equipos que non defraudaron. No inicio do encontro, dominio numantino que lle serviu para coller vantaxe no marcador. Antes do descanso, o Neda sería quen de recurtar distancias para chegar ó intermedio cun 3 - 2 favorable ós de Ares.
Un inicio boisimo por parte dos nenos numantinos na segunda metade propiciou que chegaran 4 goles consecutivos para os aresáns deixando o tanteador nun definitivo 6 - 2 favorable ó Numancia.

A familia do Numancia biberón quere envíar un saúdo moi, moi especial e afectuoso ó seu compañeiro Aketx, que por motivos familiares non puido participar cos seus compañeiros nestes Encontros de Nadal 2011. ¡¡¡Agardamos verte axiña para darche a túa medalla e a túa bolsa chea de agasallos¡¡¡

Dende o Numancia biberón, levamos dicindo toda a temporada que os resultados son algo anecdótico. Polo tanto, non nos imos sentir campións, nin nos imos colgar ningún tipo de medalla. Simplemente queremos quedar coa satisfacción, ledicia e orgullo que todos sentimos cando vemos xogar ós nenos biberóns numantinos no campo. Iso, e a cara de satisfacción e ledicia de todos os nenos, son o premio máis importante para todos nós. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡

Chegou o final do Torneo. É tempo de agradecer primeiramente ós protagonistas do mesmo, ós nenos biberóns e prebenxamíns do Numancia o seu esforzo e compromiso en todos os partidos xogados durante semana.

Agradecer, como non, a todos os familiares dos nenos numantinos que acompañaron ós seus pequenos durante toda a semana, dándolles alento dende as bancadas sen descanso.

Tamén agradecer a SDC Galicia de Mugardos pola súa invitación a este Torneo un ano máis, e felicitalos pola magnífica organización do mesmo.

Agora, tras unha merecida semana de vacacións, os biberóns e os prebenxamíns do Numancia volverán ó “traballo” o próximo martes 10 de xaneiro de 2012 en horario habitual.

¡¡¡GRAZAS A TOD@AS POR ESTA FERMOSA SEMANA EN MUGARDOS¡¡¡

NINGUNHA MEDALLA VALE A SAÚDE DUN NENO

¡¡¡¡FELIZ 2012 A TOD@AS¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.